A Sección de Literatura e Industrias da edición do Consello da Cultura Galega retoma o seu programa de tertulias mensuais coa disertación, e posterior tertulia, co escritor portugués Urbano Tavares. A gravación tivo lugar o xoves 14 de outubro ás 17 horas na biblioteca da sede do Consello no Pazo de Raxoi
O escritor portugués Urbano Tavares Rodrigues (Lisboa, 1923), diserta arredor do tema “A prosa de ficción portuguesa contemporánea”. A profesora titular de literatura portuguesa da Universidade de Santiago, Isabel Morán, presentou ao escritor que, previamente á tertulia fai unha disertación sobre a literatura portuguesa desde a revolución dos cravos e termina lendo un pequeno conto seu. Urbano Tavares conta no seu amplo haber literario con dous dos premios máis importantes ao autor da literatura portuguesa: o "Prémio de Consagração de Carreira da Sociedade Portuguesa de Autores, 2000", e o "Grande Prémio Vida Literária da Associação Portuguesa de Escritores, 2002". As súas obras están traducidas a moitos idiomas e no ano 2003 conmemorou cincuenta anos de vida literaria. É membro da Academia de Ciências de Lisboa e da Academia Brasileira de Letras.
A tertulia arrinca automaticamente cando cargas a páxina.Pode tardar un pouquiño antes de comezar.