lg3
inicio » lg3 »  tertulias

TERTULIA

23 / 2 / 2006

Ensinar literatura

A Sección de Literatura e Industrias da Edición do Consello da Cultura Galega presenta esta tertulia dentro do ciclo de encontros mensuais. Participan Xosé Manuel García Trigo, Xosé Antonio Ponte Far e María Xesús Fernández. Modera Dolores Vilavadra.

Os invitados e todos os que participan conversan sobre o tema "Ensinar literatura". O sentido do ensino da literatura a estudantes de diferentes tramos de ensino, a valoración da literatura entre o alumnado, as experiencias recollidas durante o ensino e outras moitas reflexións sobre o papel dos libros e a lectura no período de formación están presentes nesta tertulia celebrada o xoves, 23 de febreiro de 2006.
Modera Dolores Vilavedra e participan José Antonio Ponte Far, Catedrático de literatura española, Xefe do Departamento de Lingua Española e Literatura do IES Concepción Arenal de Ferrol e gañador do premio de investigación Torrente Ballester; Xosé Manuel García Trigo, profesor de ensino secundario, escritor, colaborador en diversos medios de comunicación e crítico literario; e María Xesús Fernández, mestra no CEIP de Perillo-Oleiros, socia fundadora de Galix e colaboradora habitual das revistas Clij e Fadamorgana, nas que exerce a crítica literaria de literatura infantil e xuvenil.



A tertulia arrinca automaticamente cando cargas a páxina.Pode tardar un pouquiño antes de comezar.

Autores relacionados
  Xosé Manuel G. Trigo

Acerca de Lg3
Que é LG3
Créditos
Correo
culturagalega.org | RSS | Aviso legal | Contacto | O equipo do portal | Licenza de uso | Contactar coa redacción: redaccion@culturagalega.org I T: +34 981 957202 | F: +34 981957205 |
Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.gal
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.gal