A Sección de Literatura e Industrias da Edición do CCG celebrou o xoves, 26 de maio ás 17 horas, a súa tertulia mensual arredor do tema da crítica literaria nos medios de comunicación.
O encontro tivo lugar na biblioteca do CCG e contou coa participación de Moisés Barcia, tradutor e crítico literario que coordina o Cartafol de Libros de Vieiros e colaborador da Guía dos Libros Novos; Xosé Ramón Pena, escritor e crítico, coordinador do suplemento Faro das Culturas, do Faro de Vigo, e Manuel Rodriiguez García, xornalista de La Voz de Galicia e Radiovoz. Dolores Vilavedra presentou e coordinou a tertulia. A gravación tamén recolle a participación de Xosé Manuel G. Trigo.
A tertulia arrinca automaticamente cando cargas a páxina.Pode tardar un pouquiño antes de comezar.