Tertulia da Sección de Literatura do Consello da Cultura Galega. Gravada o xoves 6 de maio de 2004 na Biblioteca do CCG.
O escritor, editor e membro da Sección de Literatura, Miguel Anxo Fernán Vello moderou a mesa na que estaban como invitados Carlos Negro, escritor e secretario da Asociación de Escritores en Lingua Galega, Xosé Antón Pedreira, libreiro e presidente da Agrupación de Libreiros de Santiago e Pilar Sampedro, presidenta da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GALIX), mestra e asesora de formación. A tertulia , co título común de "O significado do Día das Letras Galegas", incidiu na necesidade de manter a celebración pero tamén de cambiala para facela viva e activa e implicar a toda a sociedade nela. No debate tamén interviron, entre outros, Dolores Vilavedra, Daniel Buján e Helena González. Unha tertulia na biblioteca da sede do CCG, no Pazo de Raxoi.
A tertulia arrinca automaticamente cando cargas a páxina.Pode tardar un pouquiño antes de comezar.