lg3
inicio » lg3 »  tertulias

TERTULIA

17 / 1 / 2005

A Tradución

A Sección de Literatura e Industrias da edición do Consello da Cultura Galega presenta unha tertulia sobre o tema "A tradución". A tertulia celebrouse o xoves 20 de xaneiro ás 17 horas na biblioteca da sede do Consello no Pazo de Raxoi. Tres convidados especializados no tema vertebran a tertulia coas súas reflexións e valoracións.

Tras da presentación feita por Dolores Vilavedra interveñen Xosé Mª Gómez Clemente, profesor da Facultade de Tradución da Universidade de Vigo e presidente da Asociación de Tradutores en Lingua Galega, Leandro García Bugarín, profesor no IES Carlos Casares de Nigrán e vogal na xunta directiva da Asociación de Tradutores, Xosé Antonio López Silva, profesor de latín no IES do Porto do Son e tradutor do “Cronicón” de Idacio de Chaves, que investiga sobre a tradución dos clásicos no sistema literario galego. A tertulia co título de "A Tradución", afonda na importancia desta parte do proceso editor e creador, as súas debilidades e fortalezas na actualidade e o seu papel na construción dun panorama literario normalizado, dinámico e con futuro. Unha tertulia baseada na experiencia e con fondas reflexións.



A tertulia arrinca automaticamente cando cargas a páxina.Pode tardar un pouquiño antes de comezar.

Autores relacionados
  José Antonio López Silva
  Leandro García Bugarín

Acerca de Lg3
Que é LG3
Créditos
Correo
culturagalega.org | RSS | Aviso legal | Contacto | O equipo do portal | Licenza de uso | Contactar coa redacción: redaccion@culturagalega.org I T: +34 981 957202 | F: +34 981957205 |
Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.gal
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.gal