A Sección de Literatura e Industrias da Edición do Consello da Cultura Galega organizou o mércores 21 de decembro de 2005 a súa Tertulia mensual arredor do tema “Os premios literarios” coa participación como invitados principais de Teresa Moure, Belén Fortes e Camilo Franco e con Manuel Bragado como moderador.
Camilo Franco, escritor e xornalista; Teresa Moure, escritora gañadora dos premios Lueiro Rey, Ramón Piñeiro e Xerais; e Belén Fortes, directora literaria de Sotelo Blanco Edicións, participaron na tertulia coordinada polo editor e membro da Sección de Literatura, Manuel Bragado.
Os participantes achegaron as súas reflexións e eexperiencias analizando a cuestión desde diversas perspectivas e achegando as súas conclusións. No acto tamén interviron outros asistentes dado o caracter aberto e participativo da convocatoria na Biblioteca desta institución no Pazo de Raxoi.
A tertulia arrinca automaticamente cando cargas a páxina.Pode tardar un pouquiño antes de comezar.