lg3
inicio » lg3 »  tertulias

TERTULIA

31 / 3 / 2005

Literatura e compromiso

Tertulia aberta baixo o título “Literatura e compromiso” organizada pola Sección de Literatura e Industrias da Edición do Consello da Cultura Galega. O coloquio e debate tivo lugar o xoves 31 de marzo ás 17 horas.

Os asistentes a esta xuntanza aberta reflexionan e discuten arredor do compromiso en relación coa literatura. A necesidade ou non da ética xunto á estética, a relación da literatura cos poderes político e económico. Nesta tertulia de encontro na mesa da biblioteca do CCG no Pazo de Raxoi, están, como invitados principais, ademais de membros da Sección organizadora, o escritor Suso de Toro, o dramaturgo e membro da real Academia Galega Euloxio R. Ruibal e o ensinante, poeta e membro das Redes Escarlata Xabier Cordal. Preséntaos e intervén Dolores Vilavedra. Como en anteriores ocasións, a tertulia estivo aberta ás achegas dos interesados en participar nela, como é o caso das intervencións de Camilo Nogueira e Inma López Silva.



A tertulia arrinca automaticamente cando cargas a páxina.Pode tardar un pouquiño antes de comezar.

Autores relacionados
  Suso de Toro
  Euloxio R. Ruibal

Acerca de Lg3
Que é LG3
Créditos
Correo
culturagalega.org | RSS | Aviso legal | Contacto | O equipo do portal | Licenza de uso | Contactar coa redacción: redaccion@culturagalega.org I T: +34 981 957202 | F: +34 981957205 |
Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.gal
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.gal