Conferencia 'Para un destinatario ignorado' de Lídia Jorge
A Sección de Literatura e Industrias da edición do Consello da Cultura Galega presenta a conferencia da escritora portuguesa Lídia Jorge titulada “Para un destinatario ignorado”, seguida dunha tertulia cos asistentes. A gravación tivo lugar o xoves 11 de novembro ás 18 horas na biblioteca da sede do Consello no Pazo de Raxoi.
A escritora portuguesa Lídia Jorge (Boliqueime, 1946), dá unha conferencia baixo o título “Para un destinatario ignorado”. José Carlos Quiroga, escritor e profesor de Literatura Portuguesa na Universidade de Santiago, presenta á escritora e conduce a posterior tertulia. Lídia Jorge iniciou a súa carreira literaria coa novela “O Dia dos Prodígios “ (Publicações Europa - América, 1980), amplamente gabada pola crítica e polo que recibiu o “Prémio Ricardo Malheiros”. “A Costa dos Murmúrios” (1988), e a súa novela máis célebre tanto en Portugal como no estranxeiro. Dela vendéronse cerca de 50.000 exemplares en menos dun ano. Outra novela súa, “O Vale da Paixão” (1998), mereceu o premio Europeo Jean Monet.
A tertulia arrinca automaticamente cando cargas a páxina.Pode tardar un pouquiño antes de comezar.