A Sección de Literatura e Industrias da Edición do Consello da Cultura Galega presenta a súa tertulia mensual celebrada o xoves 27 de abril na Biblioteca do CCG. O escritor Xavier P. Docampo, a crítica e tradutora Silvia Gaspar e o autor de teatro infantil e membro de Gálix, Carlos Labraña conversaron, xunto cos asistentes, sobre as particularidades da literatura infantil e xuvenil.
O que ocorre coa literatura para a xente máis nova dentro do sector literario galego e o que debería ocorrer, a súa importancia na creación de lectores e o tratamento no ámbito escolar, a clasificación por idades e as particularidades na súa creación e edición son algúns dos puntos sobre os que transcorre esta tertulia conducida por Dolores Vilavedra. Na biblioteca do Consello da Cultura Galega xuntáronse para falar deste tema Xavier Puente Docampo, mestre e escritor que ten publicadas máis de trinta obras coas que acadou distincións como o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, o Premio Rañolas e a selección de obra súa para o catálogo White Ravens; Silvia Gaspar é crítica e tradutora especializada en literatura infantil e xuvenil, profesora de ensino secundario e tamén ten publicada obra narrativa infantil; Carlos Ignacio Labraña autor de teatro infantil e membro da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, Galix. Na tertulia tamén participa a escritora Marilar Aleixandre .
A tertulia arrinca automaticamente cando cargas a páxina.Pode tardar un pouquiño antes de comezar.