Tertulia da Sección de Literatura e Industrias da edición do Consello da Cultura Galega. O escritor e xornalista Tucho Calvo, membro da sección, presenta esta tertulia que baixo o título "Literatura e exilio" reúne como invitados principais a Marga Romero Lorenzo (Marga do Val), Carlos López Bernárdez, Gregorio Ferreiro Fente e Antón Lopo. A tertulia tivo lugar na Biblioteca do CCG (Pazo de Raxoi 2º andar) o mércores 27 de abril ás 17 horas.
Marga Romero Lorenzo (Marga do Val) Licenciada en Filoloxía Hispánica, Galego- Portugués pola USC. Profesora de Ensino Medio. Autora de narrativa, poesía e ensaio. Ten escrito unha biografía de Lorenzo Varela para A Nosa Terra. Carlos López Bernárdez, autor de” Lorenzo Varela, vida e obra” (Xerais), primeiro estudoso da súa obra literaria galega e un dos investigadores máis destacados do seu labor como crítico de arte. Xosé Gregorio Ferreiro Fente, filólogo sociolingüista e investigador que ten publicado “Homenaxe. Sesenta e seis escritores falan de Lorenzo Varela (florilexio de textos sobre a vida, a obra e o home)” (Ediciós do Castro). Antón Lopo desenvolve unha traxectoria multidisciplinar que abrangue distintos xéneros literarios e ten publicado recentemente "As tres mortes de Lorenzo Varela" (Galaxia).
A tertulia arrinca automaticamente cando cargas a páxina.Pode tardar un pouquiño antes de comezar.