lg3
inicio » lg3 »  tertulias

TERTULIA

30 / 3 / 2006

As caras do libro

A tertulia mensual da Sección de Literatura e Industrias da Edición do Consello da Cultura Galega presenta a reflexión arredor do deseño dos libros invitando a tres contrastados deseñadores. Xose Díaz Arias de Castro, Manuel Janeiro Casal e Uqui Permui participan nesta tertulia conducidad por Víctor F. Freixanes.

A biblioteca do Consello da Cultura Galega (Pazo de Raxoi, 2º andar) acolleu ás 17 horas do 30 de marzo esta mesa de reflexión e debate. “As caras do libro” é unha tertulia arredor da relevancia do deseño gráfico no produto libreiro. A planificación do deseño dun libro, a relación entre escritor e o deseñador, o proceso creativo e a importancia que ten a presentación estética e funcional do libro, son algúns dos puntos sobre os que xirou esta charla. Dirixe e conduce a tertulia Víctor F. Freixanes e participan, como invitados destacados, Manuel Janeiro, deseñador gráfico e ilustrador; Xosé Díaz Arias, membro da Asociación Española de Profesionais do Deseño, ex -director da Fundación Luis Seoane, o seu traballo foi seleccionado e exposto no Centro Nacional de Arte Museo Reina Sofía, en Londres no Design Museum, no MARCO de Vigo e no Instituto de España, en Nova York; Uqui Permui, ilustradora e creativa gráfica no estudio de deseño e comunicación visual Uqui/Cebra.



A tertulia arrinca automaticamente cando cargas a páxina.Pode tardar un pouquiño antes de comezar.

Autores relacionados
  Manuel Janeiro Casal
  Víctor F. Freixanes

Acerca de Lg3
Que é LG3
Créditos
Correo
culturagalega.org | RSS | Aviso legal | Contacto | O equipo do portal | Licenza de uso | Contactar coa redacción: redaccion@culturagalega.org I T: +34 981 957202 | F: +34 981957205 |
Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.gal
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.gal