Arquivo

36.232 noticias desde o ano 2000

X
3.261 resultados Busca: "Culturagalega"

Bugallo anuncia que está a piques de fechar o acordo para paralizar a construción dos novos edificios da Cidade da Cultura

A parada dos guindastres

  • As obras do Teatro da Música e da Área de Novas Tecnoloxías da Cidade da Cultura paralizaranse en breve, segundo asegurou onte a conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo. A responsable desta área adiantaba que está a piques de pecharse un acordo ...

Un estudo da Universidade de Vigo revela que os galegos están dispostos a pagar para mellorar a conservación do monte

Pago por natureza

  • "Beneficios e custos sociais da conservación da Rede Natura 2000" é o título do Estudo que presentaban recentemente os profesores da Universidade de Vigo Albino Prada, María Xosé Vázquez e Mario Soliño. A partir das enquisas que realizaron ent...

Rinoceronte Editora anuncia dez lanzamentos traducidos para o galego na súa presentación pública

2006 Rinoceronte

  • Como xa anunciaramos, o 2006 comeza cunha nova proposta editorial para o país. Rinoceronte editora nace da man de Moisés R. Barcia para verter ao galego títulos da literatura internacional, tanto clásicos como actuais. Agora preséntase o primeir...

Un millón de euros achegado por Cultura fará posible no Ribeiro o Museo do Viño de Galicia

Viño de museo

  • O proxecto, longamente adiado do Museo do Viño de Galicia comezará a ser unha realidade neste 2006 que comeza. Segundo publica "La Voz de Galicia" a Consellaría de Cultura vai investir entre este ano e o 2007 algo máis un millón de euros para a ...

O primeiro disco de Xoel López en español elixido entre os mellores pola revista Rolling Stone

Os mellores 05

  • Hai uns días anunciabamos que Mercedes Peón, Luz Casal, Iván Ferreiro e Los Suaves eran os galegos que figuraban na escolma anual que a Fundación Autor, dependente da SGAE, fai da música editada no 2005. A esa listaxe hai que engadirlle a que pu...

O concello de Santiago entregará na primavera unha proposta sobre a Cidade da Cultura

Santiago coa Cidade

  • O concello de Santiago quere achegar o seu gran de area ao goberno na definición do proxecto da Cidade da Cultura. Por iso, segundo publica hoxe El Correo Gallego, encargoulle a un equipo de “profesionais de diferentes campos, pero de prestixio na...

Patrimonio analizará os monumentos de Compostela para establecer o seu rango de protección

Revisión monumental

  • O director xeral de Patrimonio, Felipe Arias, anunciou que está en marcha un proceso de análise dos monumentos de Compostela de cara á dotar moitos deles dunha protección legal da que na actualidade carecen. Deste xeito, responden á reclamación...

Modifícanse as axudas á creación de casas de turismo rural mentres mudan os criterios de concesión da Bolsa de Alugueiro

Casas e pisos

  • Os directores xerais de Turismo, Rubén Lois, e mais de Desenvolvemento Rural, Edelmiro López, anunciaron onte que se frearán das axudas destinadas á creación de novas casas de Turismo Rural. Búscase deste xeito corrixir eivas do sector e favore...

A musealización de Marqués de Valladares en Vigo estará rematada para o ano 2010

O proxecto do millón

  • A sinatura onte do convenio polo que a Consellaría de Cultura achega un millón de euros para musealizar os restos romanos de Marqués de Valladares, en Vigo, permitiu coñecer novos pormenores do proxecto. O acordo que asinaron Ánxela Bugallo, pol...

A Dirección Xeral de Política Lingüística acorda cos lectores de galego mellorar as súas condicións laborais

Mellores lectores

  • Os lectores de galego de diferentes universidades de todo o mundo reuníronse onte con Marisol López, secretaria Xeral de Política Lingüística. A partir deste encontro, a Xunta acordou mellorar as condicións salariais destes representantes da no...

O director do Instituto Cervantes reúnese na Coruña cos galegos que dirixen algún centro desta institución

O Cervantes galego

  • César Antonio Molina, director do Instituto Cervantes, reuniuse onte na Coruña cos directores galegos dos diferentes centros que esta entidade ten repartidos polo mundo. Neste encotnro, os responsables das delegacións de Lisboa, Bremen, Alburquerq...

O proxecto de musealización de Mirambell en Vigo poderá executarse logo do permiso a última hora da Xunta e de Costas

Musealización in extremis

  • Segundo anunciaba onte o goberno municipal, a Consellería de Política Territorial e mais a Dirección de Costas accederon finalmente a autorizar o plan de musealización da finca Mirambell en Vigo. Iso si, o permiso limita as actuacións ao depósi...

Dúas placas lembran en Compostela o aniversario da declaración de Cidade Patrimonio e o último premio de rehabilitación

As tres P: placa, premio e patrimonio

  • O ano que remata deixa boas novas para o concello de Santiago. Por unha banda porque recibiu o premio de Cidades Patrimonio da Humanidade 2005 que concede o Ministerio de Cultura polo bo criterio e a xestión empregada na rehabilitación do casco his...

A Fundación Seoane tamén inclúe unha mostra sobre Frida Kahlo entre as súas propostas para o ano 2006

A outra Frida

  • Frida Kahlo continúa presente na cultura do noso país. Aínda que a mostra de Caixa Galicia sobre a pintora mexicana remata o vindeiro mes de xaneiro, a Fundación Seoane toma o relevo programando unha mostra de retratos fotográficos desta artista...

A Xunta alude a complexidade dos informes técnicos para prorrogar a concesión de licenzas de radio e televisión

Adiar as licenzas

  • Malia que as licenzas de televisión dixital de cobertura autonómica se concederon hai varios meses, non foi o caso das de ámbito local. E non se van resolver, polo menos, en tres meses. O Consello da Xunta acordou onte fixar este prazo de prorroga...

Toxosoutos presenta, "A noite de Samaín", terceiro volume da serie Os Barbanzóns

Ao Samaín dos Barbanzóns

  • Aínda que ao final non foi polo Samaín, senón xa case chegando ao Nadal, os Barbanzóns voltan ás nosas librarías coa súa terceira aventura. A editorial Toxosoutos presenta o vindeiro luns vinte e seis "A noite de Samaín", un novo volume da se...

A Consellaría de Cultura ampliará o investimento na Fundación Luís Seoane logo de recortar a súa participación no MARCO

Redistribución de museos

  • A intención é "reequilibrar" as dotacións que a Consellaría de Cultura outorga aos museos do país. Ánxela Bugallo anunciaba onte que o seu departamento incrementará o apoio á Fundación Luís Seoane, con sede na Coruña, xa que ata o momento ...

A Universidade de Vigo pon en marcha dous Centros de Estudos Galegos en Israel e en Armenia

De Vigo para Ereván

  • Os israelís e mais os armenios terán máis fácil estudar galego a partir do 2006. A Universidade de Vigo anunciou hoxe que vai crear cadanseu Centro de Estudos Galegos na Universidade do Estado de Ereván (Armenia) e mais na Universidade de Letras...

Rosalía Mera e Marcos Vieitez producirán o "Hamlet" de Lino Braxe, que se estreará en febreiro

Novas dinamarquesas

  • Desvelouse o misterio sobre quen vai financiar a maior aposta escénica privada que se ten feito no país. Rosp Corunna, propiedade de Rosalía Mera, e RTA, dirixida por Marcos Vieitez son as empresas que apoian economicamente a montaxe do "Hamlet". ...

Cultura inaugura a Casa dos Mosaicos de Lugo e investirá un millón para acondicionar os restos de Marqués de Valladares en Vigo

Romanos en conserva

  • Os restos romanos da coñecida como Casa dos Mosaicos en Lugo contarán desde hoxe cunha sala arqueolóxica na que se poderán ver e coñecer, ademais, o aspecto deste lugar no momento da súa construción a través dun vídeo. Ademais de inaugurar e...