Modifícanse as axudas á creación de casas de turismo rural mentres mudan os criterios de concesión da Bolsa de Alugueiro

Casas e pisos

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Os directores xerais de Turismo, Rubén Lois, e mais de Desenvolvemento Rural, Edelmiro López, anunciaron onte que se frearán das axudas destinadas á creación de novas casas de Turismo Rural. Búscase deste xeito corrixir eivas do sector e favorecer a rendibilidade dos aloxamentos existentes, incrementando ao tempo o número de pernoctas. Simultaneamente, a conselleira de Vivenda, Teresa Táboas, anunciou que as novas axudas da bolsa de alugueiro destinaranse a rendas inferiores aos 1.175 euros e para vivendas que leven máis de seis meses desocupadas, eliminando ademais a posibilidade de pactar contratos entre particulares.

Máis sobre as casas rurais en El Correo Gallego, e no noso tema; sobre a bolsa de alugueiro en La Opinión

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Turismo, Teresa Táboas, La Opinión, El Correo Gallego...

Claves

Protagonistas
Conceptos