O director do Instituto Cervantes reúnese na Coruña cos galegos que dirixen algún centro desta institución

O Cervantes galego

27/12/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
César Antonio Molina, director do Instituto Cervantes, reuniuse onte na Coruña cos directores galegos dos diferentes centros que esta entidade ten repartidos polo mundo. Neste encotnro, os responsables das delegacións de Lisboa, Bremen, Alburquerque, Milán e mais o responsable cultural do instituto, Diego García Canido, debateron co máximo responsable do Cervantes a situación do galego no seo do Instituto e repasaron as actividades previstas en cada un dos centros. O Instituto Cervantes contou este ano con corenta alumnos de galego en todo o mundo.

Máis información en La Voz de Galicia e nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cervantes, Instituto Cervantes, A Coruña, César Antonio Molina...