Patrimonio analizará os monumentos de Compostela para establecer o seu rango de protección

Revisión monumental

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
O director xeral de Patrimonio, Felipe Arias, anunciou que está en marcha un proceso de análise dos monumentos de Compostela de cara á dotar moitos deles dunha protección legal da que na actualidade carecen. Deste xeito, responden á reclamación do Concello de Santiago, que sinalaba que só sete monumentos deste casco histórico contan coa declaración de Ben de Interese Cultural (BIC). Arias puntualizou que non todos os monumentos destacados tñen por que contar con estatuto de BIC, e que se baralla a aplicación doutras figuras coma as de ben catalogado ou inventariado. Canda aos casos de Compostela, o responsable de Patrimonio asegurou que o seu departamento analiza solicitudes semellantes de todo o país.

Máis información en La Voz de Galicia e nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ben de Interese Cultural, Concello de Santiago, Culturagalega, La Voz de Galicia...