The Rapants marcan outro fito para a música en galego enchendo Sar

O recinto de Santiago de Compostela acollerá este sábado a máis de 5.600 persoas para o espectáculo dos muradáns

| Santiago. Redacción / S. Montes | Seccións: MúsicaEspectáculos
Compartir:
The Rapants  ©Andrea Sanchez

The Rapants ©Andrea Sanchez

Este sábado 28 de marzo o Multiusos Fontes do Sar de Santiago de Compostela transformarase nunha gran pista de baile coa inauguración do Rapants Club  Máis de 5.600 persoas asistirán ao despegue oficial da xira de presentación do novo álbum dos muradáns The Rapants, nunha noite que se prevé como un auténtico fito para a música en galego, como xa ocorrera coas Tanxugueiras no Coliseum da Coruña, amosando a grande capacidade de convocatoria dos muradáns que xa marcaron nese sentido un momento espectacular na Cidade da Cultura o pasado verán reunindo máis de dúas mil persoas.

Após o éxito da venda inicial de entradas -que se esgotaron nos primeiros días-, e a posterior ampliación da capacidade de asistencia ao recinto por parte do grupo muradán, o concerto deste sábado será a primeira oportunidade para experimentar ao vivo os novos temas do disco, xa dispoñible nas principais plataformas dixitais, ademais dos grandes éxitos que definen a traxectoria da banda. A veladaarrancará ás 19:45 cos primeiros acordes de Ulex. A banda compostelá será a encargada de prender a mecha. A partir das 21:00 horas, os rapantes tomarán o escenario para despregar o seu son contundente: riffs de guitarra frenéticos, ritmos bailables e, por suposto, retrousos memorables. Rapants Club é o cuarto álbum de The Rapants, un traballo que plasma o xeito de entender a vida dos membros da banda: unha mestura de estilos musicais enerxías canalizadas desde  a máis sinceira. Con este lanzamento, os muradáns queren agradecer ao seu público a fidelidade e compañía ao longo destes anos. As últimas entradas para esta gran festa da música en galego están á venda na plataforma www.ataquilla.com.

Que che parece esta nova?
57 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Claves