Dúas placas lembran en Compostela o aniversario da declaración de Cidade Patrimonio e o último premio de rehabilitación

As tres P: placa, premio e patrimonio

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
O ano que remata deixa boas novas para o concello de Santiago. Por unha banda porque recibiu o premio de Cidades Patrimonio da Humanidade 2005 que concede o Ministerio de Cultura polo bo criterio e a xestión empregada na rehabilitación do casco histórico. E pola outra, porque se cumpren vinte anos de que a cidade fose declarada pola Unesco Cidade Patrimonio da Humanidade. Ambos os dous méritos xa teñen a súa placa, que destaparon o alcalde Xosé Bugallo e a concelleira Mecedes Rosón. Ademais, o alcalde prometeu que no 2006 dará un novo impulso ao Consorcio de Santiago, entidade que administra recursos públicos e privados para coordinar as accións dirixidas á preservación e a revitalización do seu patrimonio.

Máis información en Vieiros e sobre as dificultades para xestionar o patrimonio no noso tema sobre a muralla de Lugo

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Patrimonio da Humanidade, UNESCO, Vieiros, Consorcio de Santiago...