A Conselleira de Cultura comprométese co patrimonio lucense no quinto aniversario da Muralla como Patrimonio da Humanidade

Arredor da muralla

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Hoxe cúmprense cinco anos da declaración da Muralla de Lugo como Patrimonio da Humanidade. Hai unhas semanas publicamos que a entidade aínda non contaba cun organismo que se encargase da súa xestión e conservación como si o ten a Cidade de Santiago, que conta coa mesma distinción. Con todo, a conselleira Ánxela Bugallo asistiu onte a algúns dos actos organizados para celebrar a efeméride e reiterou o seu compromiso co patrimonio lucense. Entre as medidas que adoptará o seu departamento está a creación do centro da romanización así como a apertura do paso interior da muralla. Ademais, El Progreso publica hoxe que o casco vello lucense captou máis 30 millóns de euros desde que conseguiu o galardón da UNESCO.

Máis información no noso tema sobre a xestión da Muralla, e sobre o investimento no casco vello lucense e o compromiso de Ánxela Bugallo en El Progreso e La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Patrimonio da Humanidade, Ánxela Bugallo, El Progreso, UNESCO...