A Universidade de Vigo pon en marcha dous Centros de Estudos Galegos en Israel e en Armenia

De Vigo para Ereván

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
Os israelís e mais os armenios terán máis fácil estudar galego a partir do 2006. A Universidade de Vigo anunciou hoxe que vai crear cadanseu Centro de Estudos Galegos na Universidade do Estado de Ereván (Armenia) e mais na Universidade de Letras de Xerusalén (Israel). Estes espazos poranse en marcha o primeiro trimestre do vindeiro ano co envío de bolseiros para desenvolver os proxectos. Ademais, no marco da mesma cátedra, a universidade anunciou que reforzará o traballo que xa desenvolve en Cuba mediante o envío de libros e que continúa traballando en Exipto a prol do noso idioma.

Máis información no xornal da Universidade de Vigo e nos nosos arquivos sobre os centros de estudos galegos

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Universidade de Vigo, Centros de Estudos Galegos, Culturagalega, Exipto...