A Universidade de Vigo modifica o seus estatutos mentres A Coruña prorrogará os orzamentos do 2003

Vigo muda, A Coruña permanece

3/10/2003 | Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
14 lecturas | Compartido 0 veces
O Claustro da Universidade de Vigo aprobou o pasado mércores as modificacións nos seus estatutos que propuxo a Xunta para axeitalos á Lei de Ordenación Universitaria. Esta é a primeira universidade que acepta estas modificacións, logo de que a Xunta rexeitase os estatutos presentados polas tres institucións de ensino superior que existen no país. Mentres, na Universidade da Coruña os orzamentos quedarán conxelados á agarda de que se elixa un novo rector, polo que ata o segundo trimestre do vindeiro ano prorrogaranse os actuais.

Máis información no Diario da Universidade de Vigo e en El Ideal Gallego; o noso tema sobre o comezo do curso universitario


Universo culturagalega.gal