Os reitores abren o curso académico reclamando unha maior unidade e calidade das tres universidades

Barro, Docampo e Barja

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
A partir do vindeiro luns 80.000 alumnos volverán ás aulas nos sete campus que teñen as tres universidades galegas. Pero o curso arrancou onte, cun acto formal no Reitorado de Santiago, no que os reitores pediron unha maior unidade entre as tres institucións e unha maior calidade para este curso 2004-2005. No fondo dos discursos dos tres reitores Senén Barro (USC), Domingo Docampo (Universidade de Vigo) e José María Barja (Universidade da Coruña) subxacía a negociación do futuro marco financeiro ante o problema pecunario que sofren as tres institucións hoxe en día.

Máis información nos xornais dixitais da Universidade de Vigo , Universidade de Santiago e en La Voz de Galicia e Faro de Vigo

Que che parece esta nova?
62 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con USC, Universidade de Vigo, Faro de Vigo, Universidade da Coruña...