A Xunta autoriza a demolición do parque de carbóns das Pontes

Desbota outorgarlle protección patrimonial a este elemento senlleiro da antiga central térmica

| Santiago. Redacción | Seccións: patrimonio
Compartir:
Parque de carbóns das Pontes. Fonte: Plataforma en Defensa do Patrimonio Industrial das Pontes

Parque de carbóns das Pontes. Fonte: Plataforma en Defensa do Patrimonio Industrial das Pontes

O parque de carbóns da antiga central térmica das Pontes de García Rodríguez será demolido. Segundo informa o xornal El Progreso, a Xunta autorizou continuar coas obras de derrubamento da estrutura que albergaba o combustible da factoría. A Plataforma en Defensa do Patrimonio Industrial das Pontes e mais o Concello solicitaran a súa protección como Ben de Interese Cultural a atender ao seu interese arquitectónico e histórico.

Segundo recolle o xornal lugués, a Xunta considera que "que non se dan os requirimentos precisos para a tramitación dun procedemento de incoación para a declaración de ben de interese cultural" sobre este elemento. Deste xeito, autoriza a continuar unhas obras de demolición que xa deitaran seis dos dezaseis arcos que compuñan a estrutura. Ante as solicitudes de protección, o Goberno Autonómico paralizara os traballo ao comezo deste mes de marzo con vistas a realizar un estudo para determinar a existencia de valores culturais significativos no conxunto.

 

O parque de carbóns, que estaba considerado como a segunda cuberta diáfana máis grande do mundo, con 160 metros de luz e 592 de lonxitude, estendíase sobre unha superficie total de 96.000 metros cadrados e foi construído a comezos da década dos 80.

Que che parece esta nova?
59 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Claves