Ante os planos de derrubar a cheminea e outros elementos da central térmica, este 29 de xullo nacÃa a Plataforma para a Defensa do Patrimonio Industrial das Pontes. O colectivo, que organizou unha primeira xuntanza aberta coa participación dunha trintena de persoas da localidade e de representantes da oposición municipal, composta polo PP e o BNG, reivindica a necesidade de mobilización social para conservar elementos que corren risco de desaparecer co desmantelamento da central.
Nun manifesto de presentación, a Plataforma solicÃtalle a Endesa que renuncie á demolición de parte das instalacións da central térmica. En concreto, reclaman a conservación da cheminea e mais o parque de carbóns, estrutura cuberta para almacenamento deste material na factorÃa. Ademais, a plataforma reclama que "hai outras instalacións na propia Central que, sen ter carácter patrimonial, non ten lóxica desfacerse delas sen facer unha valoración sobre as posibilidades de uso; referÃmonos a talleres, almacéns, oficinas, etc."
As reclamacións da nova plataforma van tamén ao goberno municipal, a quen lle solicitan que actúen para conservar o coñecido como Canal 4, actualmente baixo a súa xurisdición. Ademais, no manifesto solicÃtanlle que suspenda a licenza para a demolición, con vistas a que unha comisión composta pola empresa, o Concello e a Xunta "determine de forma razoada os elementos patrimoniais mÃnimos a conservar e as condicións de todo tipo para a súa preservación". Do mesmo xeito o colectivo reivindica a realización dunha consulta pública sobre a conservación da cheminea.
O manifesto da plataforma lembra que "a cheminea das Pontes é unha estrutura emblemática do noso pobo construÃda en 1974, máxima representante do patrimonio industrial e testemuña dun pasado que, coas súas luces e sombras, marcou un fito central no discorrer técnico e social, tanto a nivel local como estatal". O pasado mes de xuño caducaba o expediente que solicitaba a declaración da cheminea da central como Ben de Interese Cultural, o cal deixa este elemento sen protección administrativa.