O Diario Oficial de Galicia deste 1 de xullo recolle a resolución da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural pola que se incoa o procedemento para declarar como Ben de Interese Cultural a cheminea da central térmica das Pontes de García Rodríguez. Segundo argumenta esta orde, "o interese para o patrimonio cultural histórico, industrial e científico e técnico que a actividade industrial das Pontes de García Rodríguez posúe debe ser conservado pola pervivencia, cando menos, dos seus fitos icónicos máis relevantes e recoñecibles".
Construída entre 1972 e 1976, a peza "posúe características que permiten xustificar a súa singularidade e monumentalidade, polo seu tamaño que a mantén como a máis alta de España e a segunda de Europa". Á hora de xustificar este recoñecemento, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural salienta tamén que "a cheminea de formigón de 36,40 metros de diámetro exterior na base e 356 metros de altura é o elemento máis destacable, único e singular do conxunto" da central, "tanto en termos cuantitativos como no relativo á caracterización da paisaxe e representatividade do total das instalacións e a súa actividade". Segundo lembra, a peza "simboliza todo un conxunto excepcional na súa capacidade de produción eléctrica como na súa relación coa mina de lignitos e a súa historia de máis de cen anos desde que se comezaron a estudar as posibilidades do seu aproveitamento".
O expediente de declaración chega despois de que o pasado mes de marzo o Ministerio para a Transición Ecolóxica do Goberno de España presentase a declaración de impacto ambiental sobre vindeira demolición da central. Neste documento non se recollía a necesidade de conservar ningún elemento da factoría, contra o que a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural emitiu un informe no que indicaba "a existencia de elementos potencialmente integrantes do patrimonio cultural de Galicia" no conxunto e "estimaba de forma desfavorable a demolición da cheminea".
O proceso para a declaración definitiva ten agora aberto un prazo de 24 meses para se completar, durante o que haberá prazos para presentar alegacións a este proxecto. No entanto, e de xeito preventivo, a cheminea fica protexida desde o comezo da incoación do expediente.