A cheminea das Pontes non será declarada BIC

O expediente para este recoñecemento caducou logo de dous anos sen se completar

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Central térmica das Pontes. Fonte: Wikipedia. Autor Pepedocouto. CC BY-SA 3.0

Central térmica das Pontes. Fonte: Wikipedia. Autor Pepedocouto. CC BY-SA 3.0

Este xoves 20 de xuño cumpríanse dous anos da resolución que abría o expediente para declarar Ben de Interese Cultural da cheminea da central termoeléctrica das Pontes de García Rodríguez. Ao non se ter completado a Xunta neste prazo a declaración, este elemento de arquitectura industrial non conseguirá a máxima protección establecida a nivel legal.

Segundo recolle hoxe El Progreso, a Xunta asegura que neste período obtivo unicamente un informe positivo dos dous necesarios para a declaración. Estes informes consultivos sobre o axeitado deste recoñecemento fóronlle solicitados ao Instituto Padre Sarmiento, unha das tres universidades galegas e mais á Academia Galega de Belas Artes.

Na apertura do expediente, que foi publicado no DOG do 1 xullo de 2022, sinalábase que a peza "posúe características que permiten xustificar a súa singularidade e monumentalidade, polo seu tamaño que a mantén como a máis alta de España e a segunda de Europa". A isto sumáballe o seu carácter simbólico de "todo un conxunto excepcional na súa capacidade de produción eléctrica como na súa relación coa mina de lignitos e a súa historia de máis de cen anos desde que se comezaron a estudar as posibilidades do seu aproveitamento".

Que che parece esta nova?
78 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ben de Interese Cultural, Arquitectura, Belas Artes, Martín Sarmiento...