Rosalía Mera e Marcos Vieitez producirán o "Hamlet" de Lino Braxe, que se estreará en febreiro

Novas dinamarquesas

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Desvelouse o misterio sobre quen vai financiar a maior aposta escénica privada que se ten feito no país. Rosp Corunna, propiedade de Rosalía Mera, e RTA, dirixida por Marcos Vieitez son as empresas que apoian economicamente a montaxe do "Hamlet". Esta obra, que dirixe Lino Braxe, conta cun orzamento de 122.000 euros, e estará ambientada na II Guerra Mundial. Manuel Manquiña como Polonio e Luís Tosar coma Hamlet son as caras máis coñecidas do reparto, que se poderá ver nas táboas a partir da estrea, o dezasete de febreiro no teatro coruñés Rosalía de Castro.

Máis información en El Ideal Gallego, en La Opinión e nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Hamlet, Lino Braxe, Rosalía de Castro, Luís Tosar...