Álvaro Domínguez faise co II Premio Xosé Neira Vilas de Literatura Xuvenil

A Editorial Galaxia publicará a súa obra Ensino para místicas

| Santiago. Redacción | Seccións: literatura
Compartir:
Álvaro Domínguez. Fonte: Fundación Xosé Neira Vilas

Álvaro Domínguez. Fonte: Fundación Xosé Neira Vilas

A Fundación Neira Vilas daba a coñecer este 26 de marzo o fallo do II Premio Xosé Neira Vilas de Literatura Xuvenil. O xurado seleccionou a novela Ensino para místicas de Álvaro Domínguez Rodríguez-Volta como vencedora do certame, que conta cunha dotación de 6.000 euros en metálico e inclúe a publicación da obra por parte da Editorial Galaxia.

O fallo salienta do traballo gañador "a súa hipnótica  recreación dun mundo fantástico arredor dunha escola de maxia na illa de Tambo". Deste xeito, a obra "ideada como unha homenaxe aos grandes relatos deste xénero, a historia amosa as narracións dark academy ao tempo que asenta una lectura en clave feminista e reivindicativa, recreando con habelencia a sociedade galega de comezos do século XX".

 

O autor, nado en Pontevedra en 1986, xa se fixera en 2022 co Premio Xosé Neira Vilas de Novela Curta coa obra Cristais rotos. Canda ao seu traballo, o xurado seleccionou como finalista a obra presentada baixo o lema Todo o que fixemos aquela noite de Irene Rega Jul, un "thriller poderoso protagonizado por un grupo de mozos e mozas que teñen que dar conta dunha morte sorpresiva". 

Armando Requeixo, Rosalía Morlán, Sandra Ferrerio García e Gabriel Romero de Ávila compuxeron o comité de selección deste galardón que convocan a Fundación Xosé Neira Vilas e a Editorial Galaxia, coa colaboración da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia.

Que che parece esta nova?
79 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega
Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Claves