Crean o I Premio Xosé Neira Vilas de literatura xuvenil

Os orixinais poden ser remitidos ata o 3 de novembro

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Xosé Neira Vilas. Foto: Santos Díez (Ollo de Vidro-ACAB)

Xosé Neira Vilas. Foto: Santos Díez (Ollo de Vidro-ACAB)

A Fundación Xosé Neira Vilas, a editorial Galaxia e a Xunta de Galicia unen esforzos para convocar o Premio Xosé Neira Vilas de literatura xuvenil, unha iniciativa dotada cun galardón de 6.000 euros e a publicación da obra na colección Costa Oeste da editorial Galaxia. O certame "rende homenaxe" ao autor dun dos libros máis coñecidos da literatura galega, Memorias dun neno labrego, con traducións nun gran número de linguas e preto de 700.000 exemplares impresos. Os orixinais poden ser remitidos á editorial Galaxia ata o 3 de novembro.

Que che parece esta nova?
77 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xosé Neira Vilas, Literatura, Editorial Galaxia, Fundación Xosé Neira Vilas...