De Ninghures gañan o premio MIN de álbum en galego por 'Feira'

O coruñés Carlos Ares foi un dos triunfadores da edición con tres galardóns

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
De Ninghures, 'Feira'

De Ninghures, 'Feira'

 A XVIII edición dos Premios MIN da música independente organizados pola Unión Fonográfica Independiente (UFi) repartíu onte en Córdoba os seus galardóns. Un dos artistas máis premiados da noite foi o coruñés Carlos Ares, que xa perfilaba como un dos mais potentes finalistas, e sae da gala cos premios ONE rpm a Álbum do Ano e Premio AGEDI a Mellor Álbum de Pop para 'La boca del lobo' (BMG, 2025) e tamén o Premio INGRESSE a Mellor Directo pola súa xira de presentación en 2025.  Na categoría de Mellor Álbum en lingua galega o premio este ano foi para a formación De Ninghures polo seu disco 'Feira' (Tremendo Audiovisual, 2025). No palmarés para artistas galegos está tamén Alejandro Guillán (Baiuca), un habitual destes galardóns, acadou polo tema 'Xorieri', presentado xunto con Oreka Tx o premio a Mellor Produción Musical.

Capa do disco 'La boca del lobo' de Carlos Ares

Que che parece esta nova?
94 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Claves