Ti estás aquí > Inicio / Xéneros / Infantil
Música Infantil
San Xoán Pequeniño volta encher A Coruña de actividades para os máis novos
Xénero:
| 12 / 6 / 2014A Coruña celebra o vindeiro 24 de xuño a segunda edición do San Xoán Pequeniño. Logo do éxito do pasado ano, con máis de 5.000 participantes, unha nova programación destinada aos máis novos transcorrerá en diferentes prazas e rúas da cidade. O aspecto musical estará a cargo dos proxectos de Magín Blanco, Petit Pop e María Fumaça, aos que se suman propostas de animación como Os tres tenedores, Fantoches Baj, Malabaranda ou CircoKote, así como xogos e obradoiros.
María Fumaça volta con Xiqui Xoque, fiu, fiú!
Xénero:
| 6 / 6 / 2014Uxía Senlle capitanea de novo o equipo María Fumaça para lanzar Xiqui Xoque, fiu, fiú!. O novo libro-CD-DVD publicado por Galaxia conta con colaboracións como a de Sérgio Tannus, Isaac Palacín, Santi Cribeiro, Héctor Lorenzo, Serginho Sales, Magín Blanco, Carlos Blanco ou Tanxarina e, como non, Roi, que achega a súa particular voz ao proxecto. O DVD inclúe os vídeos dos temas con karaoke e algúns deles con pictograms incluídos para poder chegar a todos os públicos.
Brinca Vai! propón unha viaxe musical polos doce meses do ano
Xénero:
| 22 / 5 / 2014O Samaín, o Magosto, o Apalpador, o Entroido ou o verán teñen cadanseu tema en Brinca Vai!. O novo disco de Paco Nogueiras propón unha viaxe polos doce meses do ano noutras tantas cancións que repasan festas, xogos populares e historias. O proxecto, editado por Kalandraka nun libro-CD-DVD conta cun web de apoio no que se publicarán actividades didácticas e contidos extra. O espazo Libros para Soñar de Vigo acolle este venres 23 a presentación do proxeccto.
Xoán Curiel e Charo Pita presentan Estamos no verán!!
Xénero:
| 14 / 5 / 2014A historia duns amigos que queren ter un grupo de música é o eixe de Estamos no verán!!! a novela-CD que presentaba onte a Editorial Galaxia. Xoán Curiel, coa banda Son+d2 e Charo Pita cargan cos peso musical e literario dun proxecto que conta coas ilustracións de Iván R. Estilos como o funk, o rock ou a bossa nova atópanse nun álbum que busca o seu público en ouvintes de entre oito e doce anos e que sae á venda a un prezo de 20 euros.
Pitusa Semifusa percorre os instrumentos para os máis novos
Xénero:
| 25 / 4 / 2014A historia da neta dunha directora de orquestra que se achega a coñecer as familias de instrumentos. Este é o eixe de Pitusa Semifusa, o novo libro-disco que acaba de publicar Galaxia na colección Sonárbore para o público infantil. O proxecto, coordinado por Olga Brañas, conta con colaboracións como as de Sérgio Tannus, Uxía, Quim Farinha ou Anxo Pintos. Dez temas de ritmos variados e coloridos e multitude de instrumentos fan parte deste novo proxecto que ilustra Leandro Lamas.
Galaxia crea unha canle de videos musicais en Youtube
Xénero:
| 21 / 2 / 2014Recoller os videoclips de cancións incluídas na colección Sonárbore. Este é o obxectivo de SonárboreTV, a canle en Youtube que acaba de abrir a editorial galaxia e que compila polo momento 17 vídeos para os máis novos. Os libro-discos Bicos de música de Mamá Cabra e mais María Fumaça protagonizan a posta en marcha da canle, aos que se irán sumando, segundo anuncia a editora, novas producións.
Galaxia reedita Cartas que veñen e van de Mamá Cabra e Susa Herrera
Xénero:
| 10 / 12 / 2013O libro-CD Cartas que veñen e van, con cancións de Mamá Cabra e textos e letras de Susa Herrera saiu á luz en 2006 en galego e castelán da man da editorial Primerapersona, ilustrado por Lorena Pita. Agora, Galaxia recupera este volume e preséntao en galego nunha nova edición ilustrada desta volta por María Lires. Os temas presentan forma de cartas dirixidas a lobos, osos, gatos ou ao Pai Nadal e que convidan aos máis pequenos a cantar e a xogar. A Casa do Libro de Vigo, o 14 de decembro e o Fórum Metropolitano da Coruña, o 2 de xaneiro, acollerán os concertos de presentación da xira que o grupo vai desenvolver a partir deste lanzamento.
Pablo Díaz chama a porta con Toc Toc
Xénero:
| 9 / 12 / 2013Logo do éxito do seu Tic Tac, hai xa catro anos, Pablo Díaz continúa a súa carreira na música para os máis novos co lanzamento de Toc Toc. A editorial Galaxia presenta este libro-disco, que conta con ilustracións de Nuria Díez e que achega un feixe de temas optimistas e con ritmo. Canda ao que dá título ao volume, tamén hai cancións dedicadas ao Apalpador, á defensa do medio ou ao coidado dos animais, todo elo con ritmos alegres e grandes doses de fantasía. Díaz conta cunha banda de apoio e inclúe no traballo instrumentos como gaita, guitarras, acordeón e percusións.
A Aula Folque Infantil amosa o seu traballo en Pedaciños de ceo
Xénero:
| 3 / 12 / 2013Un vinilo no que alumnos da Aula Folque Infantil de Pontevedra traballan en coordinación cos seus profesores a amosar o traballo desta entidade desde 2002. Pedaciños de ceo presentábase no Culturgal a amosar as posibilidade do ensino da nosa tradición aos máis novos e a abordar a creatividade coa que alummnos e profesores abordan o noso patrimonio sonoro. Deste xeito, no proxecto atópanse temas tradicionais e composicións dos profesores canda a cancións creadas de xeito colectivo cos alumnos ou ás que estes achegaron as letras.
Dez bandas colaboran no primeiro libro-disco dos Bolechas
Xénero:
| 14 / 11 / 2013Da música tradicional ao rap a pasar polo pop. O primeiro libro-disco dos Bolechas, que se presentou esta semana, toca todos os estilos da man de dez grupos galegos. Pandeiromus, O Sonoro Maxín, Novedades Carminha, Ataque Escampe, Sés, Transilvanians, The Homens, Eladio y los Seres Queridos, Álex Casanova e AID achegan ao proxecto cadanseu tema inédito. Os Bolechas fan unha banda foi editado por Bolanda, e inclúe ademais un libro ilustrado por Pepe Cararreiro sobre os irmáns máis coñecidos polas crianzas do país.