Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Galaxia reedita Cartas que veñen e van de Mamá Cabra e Susa Herrera

O LIBRO-CD CONTA CON ILUSTRACIóNS DE MARíA LIRES NA SúA NOVA VERSIóN

Galaxia reedita Cartas que veñen e van de Mamá Cabra e Susa Herrera

INFANTIL | decembro 10, 2013

mamacabra_cartas_venhen_van.jpg

O libro-CD Cartas que veñen e van, con cancións de Mamá Cabra e textos e letras de Susa Herrera saiu á luz en 2006 en galego e castelán da man da editorial Primerapersona, ilustrado por Lorena Pita. Agora, Galaxia recupera este volume e preséntao en galego nunha nova edición ilustrada desta volta por María Lires. Os temas presentan forma de cartas dirixidas a lobos, osos, gatos ou ao Pai Nadal e que convidan aos máis pequenos a cantar e a xogar. A Casa do Libro de Vigo, o 14 de decembro e o Fórum Metropolitano da Coruña, o 2 de xaneiro, acollerán os concertos de presentación da xira que o grupo vai desenvolver a partir deste lanzamento.

datos do disco