Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Pitusa Semifusa percorre os instrumentos para os máis novos

OLGA BRAñAS ASINA OS TEMAS DO NOVO LIBRO-DISCO DE GALAXIA

Pitusa Semifusa percorre os instrumentos para os máis novos

INFANTIL | abril 25, 2014

pitusa_semifusa_olga_branhas.jpg

A historia da neta dunha directora de orquestra que se achega a coñecer as familias de instrumentos. Este é o eixe de Pitusa Semifusa, o novo libro-disco que acaba de publicar Galaxia na colección Sonárbore para o público infantil. O proxecto, coordinado por Olga Brañas, conta con colaboracións como as de Sérgio Tannus, Uxía, Quim Farinha ou Anxo Pintos. Dez temas de ritmos variados e coloridos e multitude de instrumentos fan parte deste novo proxecto que ilustra Leandro Lamas.

datos do disco