Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Magín Blanco publica "Caderno de cores e cancións"

O NOVO TRABALLO DO MúSICO OURENSáN XURDE DO CONCERTO-OBRADOIRO DO MESMO TíTULO REALIZADO EN 2022

Magín Blanco publica "Caderno de cores e cancións"

INFANTIL | abril 17, 2023

Caderno de cores e cancions.jpg

O músico Magín Blanco (A Rúa, 1960) volve á actualidade editorial co seu novo libro-disco, publicado na colección Sonárbore de Galaxia, "Caderno de cores e cancións", ilustrado por Sonia García. Este libro supón o regreso do músico ourensán ás tendas de discos e librarías de Galicia logo duns anos de silencio. Este novo traballo veu precedido por un espectáculo co mesmo título que Blanco, acompañado de Pablo Vidal, presentou o pasado ano como proposta de dinamización en formato concerto-obradoiro como un espazo de interacción e intercambio co público para que, de forma colectiva, se creasen novas pezas, que agora se recollen na publicación. Todas as cancións que se inclúen neste libro-disco, accesibles a través dun QR que contén no interior, foron compostas por Magín Blanco e gravadas e mesturadas por Segundo Grandío en Casa de tolos. Os textos que preceden a cada canción foron escritos polos alumnos de primaria do CEIP da Carrasqueira, en Coruxo, Vigo agás o primeiro, que fixeron os usuarios de APMP ao remate dun obradoiro de cancións que con eles se realizou.

A proposta de "Caderno de cores e cancións" resulta así nun diálogo entre as músicas, os instrumentos, as rimas e as sonoridades. Sensibilidade e cor, son os elementos que caracterizan este traballo pensado para que as nais e pais o compartan coa cativada. Magín Blanco, compositor, guitarrista e cantante, comezou a súa carreira musical no grupo ourensán La Rosa co que editou catro discos entre 1988 e 1995. Desde o ano 2006, lanzou tres discos en solitario antes de dedicarse á música infantil, participando en moitos dos libro-discos da colección Sonárbore, como "María Fumaça", "Rosalía Pequeniña", "Pitusa Semifusa" ou "Xiqui xoque, fiú fiú!". Entre as súas principais obras encontramos "A nena e o grilo nun barquiño". Con moitas dstas obras levou a cabo espectáculos para cativos por todo o país durante estes pasados anos.

datos do disco
Ligazóns