Ti estás aquí > Inicio / Xéneros / Infantil
Música Infantil
Pablo Díaz publica o libro-disco Tic Tac con dezaseis temas dirixidos ao público infantil
Xénero: AUDIO
| 28 / 12 / 2009 +Tic Tac é o novo libro-disco de Kalandraka, escrito, gravado e interpretado por Pablo Díaz, con ilustracións de Marc Taeger e coas colaboracións musicais de Xabier Díaz, Guadi Galego, Carmen Rey, Ruote, Brais Maceiras e unha longa lista de colaboradores musicais. Conta tamén coas achegas de Santiago Auserón e de Xurxo Souto no prólogo e no epílogo, respectivamente. As 16 cancións do disco abordan temas próximos aos máis novos, como a natureza, o mar, os animais ou o fogar, proporcionándolles vocabulario e fórmulas de expresión a través da música. Un libro-disco para ver, escoitar e cantar, tanto en familia como na escola, que se complementa cunhas espectaculares ilustracións elaboradas coa laboriosa técnica do linogravado a cargo do deseñador suizo afincado en Bueu, Marc Taeger.
Dúas óperas de Puccini e Donizetti amplían a colección de iniciación infantil de Kalandraka
Xénero:
| 14 / 1 / 2009A editorial Kalandraka ven de engadir no pasado mes de decembro dúas novas publicacións á súa colección de libro-discos de iniciación á opera para nenos. Os dous novos rexistros corresponden ás obras Turandot, de Giacomo Puccini (1858-1924) e O elixir do amor de Gaetano Donizetti (1797-1848). Esta colección de divulgación infantil da lírica impulsada por Kalandraka en colaboración co selo especializado HIPÓTESI contén una adaptación do libreto, ilustracións dalgunhas pasaxes, indicacións oa longo do relato que corresponden cos pistas do CD de audición e una breve biografía do compositor. Turandot é un drama lírico situado na corte imperial chinesa; a adaptación corre a cargo de Joan de Déu Prats e a interpretación musical da Orchestra & Coro do Teatro Comunale dell´Opera di Genova, dirixido por Daniel Oren. A ópera O elixir do amor é una das poucas incursións do compositor no xénero bufo e o seu argumento xira arredor dun triángulo amoroso nun entorno vilego. A adaptación é de Stefanía Fantauzzi e a interpretación musical corre a cargo da Hungarian State Opera Choir and Orchestra dirixidos por Pier Giorgio Morando.
Kalandraka edita o drama do arrabaldo de Charleston composto por George Gershwin
Xénero:
| 21 / 5 / 2008A nova entrega da colección de ópera para ”primeiros oíntes” de Kalandraka ofrece una oportunidade de achegar aos máis cativos a obra de George Gershwin e as interpretacións de Ella Fitzgerald e Louis Armstrong. “Porgy and Bess”, ópera que mestura as técnicas orquestrais europeas co jazz e a música folk estadounidense, estreouse en 1935, dous anos antes de morrer o compositor. Na obra cóntase a historia dun home discapacitado que trata de salvar á súa amada da influencia dos homes máis perigosos dun barrio de Charleston, en Carolina do Sul, na década de 1930. O libreto está adaptado por Joan de Déu Prats e conta con ilustracións de Daniel Jiménez. O CD inclúe cinco dos temas entre os que están o coñecido “Summertime” e “My man`s gone now”.
Kalandraka publica Orfeo e Eurídice na súa colección de ópera para nenos
Xénero:
| 13 / 12 / 2007A historia de amor e descenso á casa dos mortos entre o músico e poeta Orfeo e a ninfa Eurídice forma parte do corpus da mitoloxía grega e tamén do da música universal a través da ópera composta polo alemán Christoph Willibald Gluck e estreada en 1762. A editorial pontevedresa Kalandraka suma agora esta peza á súa colección de ópera ofrecendo o libreto da mesma adaptado a pequenos lectores e acompañado de fermosas ilustracións de Pep Montserrat e o CD con 11 cortes seleccionados da obra e interpretados por unha soprano e dúas mezzosopranos acompañadas da orquestra e coros do Drottningholm Theatre, de Estocolmo. Esta colección, que xa conta con tres títulos anteriores, é froito do traballo conxunto coa editorial catalá Hipótesi, especializada en libros de ópera.
Máis información de outros títulos da colección en MeGA