Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Pablo Díaz publica o libro-disco Tic Tac con dezaseis temas dirixidos ao público infantil

AS ILUSTRACIóNS DE MARC TAEGER COMPLETAN O VOLUME PROLOGADO POR SANTIAGO AUSERóN

Pablo Díaz publica o libro-disco Tic Tac con dezaseis temas dirixidos ao público infantil

INFANTIL | decembro 28, 2009

not_16023.jpg

Tic Tac é o novo libro-disco de Kalandraka, escrito, gravado e interpretado por Pablo Díaz, con ilustracións de Marc Taeger e coas colaboracións musicais de Xabier Díaz, Guadi Galego, Carmen Rey, Ruote, Brais Maceiras e unha longa lista de colaboradores musicais. Conta tamén coas achegas de Santiago Auserón e de Xurxo Souto no prólogo e no epílogo, respectivamente. As 16 cancións do disco abordan temas próximos aos máis novos, como a natureza, o mar, os animais ou o fogar, proporcionándolles vocabulario e fórmulas de expresión a través da música. Un libro-disco para ver, escoitar e cantar, tanto en familia como na escola, que se complementa cunhas espectaculares ilustracións elaboradas coa laboriosa técnica do linogravado a cargo do deseñador suizo afincado en Bueu, Marc Taeger.

AUDIO | 30 SEGUNDOS
Rock do porco celta
AUDIO | 30 SEGUNDOS
No Mar
AUDIO | 30 SEGUNDOS
O libro
AUDIO | 30 SEGUNDOS
O reloxo de Alberte
datos do disco