Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Kalandraka publica Orfeo e Eurídice na súa colección de ópera para nenos
Kalandraka publica Orfeo e Eurídice na súa colección de ópera para nenos
decembro 13, 2007
A historia de amor e descenso á casa dos mortos entre o músico e poeta Orfeo e a ninfa Eurídice forma parte do corpus da mitoloxía grega e tamén do da música universal a través da ópera composta polo alemán Christoph Willibald Gluck e estreada en 1762. A editorial pontevedresa Kalandraka suma agora esta peza á súa colección de ópera ofrecendo o libreto da mesma adaptado a pequenos lectores e acompañado de fermosas ilustracións de Pep Montserrat e o CD con 11 cortes seleccionados da obra e interpretados por unha soprano e dúas mezzosopranos acompañadas da orquestra e coros do Drottningholm Theatre, de Estocolmo. Esta colección, que xa conta con tres títulos anteriores, é froito do traballo conxunto coa editorial catalá Hipótesi, especializada en libros de ópera.
Máis información de outros títulos da colección en MeGA
Tamén che pode interesar:
- 14/ 1/ 2009 | Dúas óperas de Puccini e Donizetti amplían a colección de iniciación infantil de Kalandraka
- 21/ 5/ 2008 | Kalandraka edita o drama do arrabaldo de Charleston composto por George Gershwin
- 26/ 5/ 2006 | Kalandraka publica a primeira colección de divulgación infantil de ópera en galego
- 18/ 5/ 2001 | "Orfeo ed Euridice" de Haynd inaugura na Coruña o Festival Mozart
- 27/ 3/ 2001 | O Festival Mozart da Coruña recupera o mito de Orfeo