Ti estás aquí > Inicio / Xéneros / Folk
Música Folk
As Xornadas arredor da Música Tradicional celebran dez anos
Xénero:
| 27 / 9 / 2022As Xornadas arredor da Música Tradicional, organizadas pola Asociación de Gaiteiros Galegos (AGG) chega á súa décima edición. O encontro anual para afondar nas raíces musicais do país terá lugar nesta ocasión na Casa da Gaita, de Viascón (Pontevedra), durante toda a xornada do vindeiro sábado 1 de outubro. O programa, aberto a calquera persoa interesada, inclúe a posta en común de catro traballos de investigación vencellados á música tradicional e cinco presentacións de novas publicacións.
Fuxan os Ventos recibirán o Premio Martín Códax de honra
Xénero:
| 23 / 9 / 2022A histórica formación musical Fuxan os Ventos celebra o seu 50 aniversario na música neste ano 2022 e os Premios Martín Códax da Música súmanse á conmemoración entregándolle ao grupo o galardón honorífico da súa novena edición. Desde Músicas ao Vivo, entidade organizadora dos premios, consideran que este recoñecemento pon de relevo o significado que a música de Fuxan os Ventos tivo para a sociedade galega cun repertorio que foi camiñando do folk á música popular coa prevalencia dunhas letras "ben propias ou de poetas, que abrangueron temáticas moi amplas, en ocasións reivindicativas con temas como a emigración, a autonomía, a ecoloxía e a pobreza, ou recolledoras dunha tradición oral coa que tivo intenso contacto o grupo". O galardón entregarase na gala dos 9º Premios Martín Códax da Música o vindeiro 5 de outubro no Pazo da Cultura de Pontevedra, onde tamén se proxectará un vídeo con entrevista e homenaxe á banda.
O Cancioneiro de Buño recupera 84 cantigas de comezos do século XX
Xénero:
| 10 / 8 / 2022Edicións Embora publica, co apoio do Concello de Malpica e da Real Academia Galega o Cancioneiro de Buño. Este volume recupera 84 coplas de tradición oral, recollidas en 1910 a Dolores Cancela Pérez, daquela de 17 anos. Este material supón a máis antiga recollida de música popular no concello de Malpica e saíron orixinalmente publicadas orixinalmente no Boletín da Academia Galega.
O 'Diluvio' de Tanxugueiras triunfa
Xénero:
| 10 / 8 / 2022Tanxugueiras segue a colleitar fitos para a historia da música galega. Co seu recente terceiro álbum, 'DILUVIO' (Calaverita Records), publicado o pasado venres 29 de xullo, veñen de situarse como o disco máis vendido en tendas físicas na semana do seu lanzamento, quedando por riba de nomes como Beyoncé ou Harry Styles. O dato, facilitado por GFK e Promusicae (Productores de Música de España), dá conta da boa acollida que recibiu, entre o público, o novo traballo das cantareiras, que este mesmo fin de semana recolleron durante a súa actuación no festival SonRías Baixas o disco de ouro polo sinxelo 'Terra', co que competiron no Benidorm Fest e que hoxe en día supera os 30 millóns de reproducións na suma das plataformas. No cómputo global de vendas físicas e dixitais, 'DILUVIO' ocupa a cuarta posición entre un cento de discos, só por atrás dos novos traballos discográficos de Bad Bunny, Rosalía e Beyoncé, e por riba de figuras de tirón internacional como C. Tangana, Sebastian Yatra ou Rauw Alejandro. O disco de ouro por 'Terra' , outorgado tamén pola auditoría GFK e Promusicae ven motivado ao superar máis de 30.000 copias vendidas, o que se traduce, aproximadamente, en máis de 12 millóns e medio de reproducións en plataformas dixitais. 'Terra', publicado o 21 de decembro de 2021, suma xa máis de 30 millóns de reproducións.
Quico Comesaña presenta o seu primeiro traballo en solitario
Xénero:
| 8 / 8 / 2022Cun extenso percorrido musical ás costas como integrante de formacións importantes e coñecidas como Fía na roca e Berrogüetto, Quico Comesaña (Navia, 1962) asina o seu primeiro disco en solitario "Mãe", que ven de saír á venda este pasado mes de xullo. No disco, Comesaña aposta polas composicións longas, puramente instrumentais e cun marcado carácter de 'suite' para un traballo integrado por catro pezas de arredor de 10 minutos e de nomes tan evocadores dese folk ligado ao concepto cosmogónico de 'Nai terra' como Clorofilia, Marea, Animal Sapiens e Terránea. Preséntase coma unha homenaxe ao feito feminino dador da vida.
Unha ampla delegación galega visitará o Festival Intercéltico de Lorient
Xénero:
| 1 / 8 / 2022O Festival Intercéltico de Lorient, na Bretaña, recupera a normalidade e contará neste 2022 cunha ampla delegación da música e do baile tradicional do noso país. No marco dos 120 espectáculos que se programan na 51 edición do evento estarán presentes Caamaño&Ameixeiras, Fiandola e mais a colaboración de crnds e Fransy González, artista que tamén participará no espectáculo orixinal Celtic Odyssée. O festival celébrase entre os días 5 e 14 de agosto.
Xacarandaina estrea en Santa Comba o espectáculo 'Endaterra'
Xénero:
| 18 / 7 / 2022Xacarandaina porá ata 80 artistas en escena para estrear este sábado, 23 de xullo, en Santa Comba a súa nova montaxe de música e baile 'Endaterra'. O espectáculo creado e dirixido polo coreógrafo Henrique Peón fusiona distintas artes escénicas como son o teatro, o baile e a música tradicional galega (melódica e vocal) tradicional para poñer en valor a arte inmaterial da ruta xacobea que transcorre dende A Coruña até Santiago e a que leva até Fisterra e Muxía. O corpo de baile constitúese con trinta persoas de entre 17 e 35 anos que, mentres que o grupo de pandeiretas está formado por doce mulleres que se encargarán da percusión de man. A peza tamén incluirá un grupo de gaitas que abrangue tres destes instrumentos, tamboril, bombo e pandeireta que, xunto co saxo, clarín, trompeta e tubo da charanga tocarán pezas tradicionais de distintas épocas. O coro contará con 35 voces e o amplo despregue artístico completarase con Os do fondo da barra, grupo doce homes e un acordeonista que se encargarán de representar coa compaña de percusión os antigos cantos de taberna.
Xacarandaina leva o baile tradicional ás rutas de peregrinación con Endaterra
Xénero:
| 12 / 7 / 2022Un espectáculo que combina baile tradicional, danza, música de raíz, teatro, imaxes ilustradas, paisaxe sonora, deseño de luz e unha banda sonora exclusiva. Esta é a proposta de Endaterra, nova produción da agrupación tradicional Xacarandaina que se poderá ver en diferentes concellos polos que transcorre o Camiño Inglés a Santiago e mais a ruta Fisterra-Muxía.
A Zona da Zanfona recupera os cursos de formación na súa nova xeira
Xénero:
| 7 / 7 / 2022O festival Zona da Zanfona volta a Rianxo na súa décimo oitava edición. Canda aos habituais concertos de balde, a cita mantén a xuntanza de escolas de zanfona e recupera, logo de dous anos, os cursos de aprendizaxe. Entre os días 8 e 10 de xullo poderán verse na vila recitais do virtuoso italiano Francesco Giusta, do proxecto portugués de Pedro Viana e João Martins, e do espectáculo Arredor da roda do coro histórico Cántigas da Terra creado especialmente sobre este instrumento.
Os XXI Premios Opinión da Música de Raíz recoñecen a Fol Música
Xénero:
| 9 / 6 / 2022O Teatro Rosalía de Castro da Coruña acollía na noite deste 8 de xuño a gala dos XXI Premios Opinión da Música de Raíz. Os galardóns resultaron neste ano moi repartidos e ningún dos proxectos galardoados obtivo recoñecemento e máis dunha categoría.
REPORTAXE
Aprender das cantigas
Data.Antón Castro aproveita a nosa música tradicional para ensinar solfexo aos seus alumnos