Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O Cancioneiro de Buño recupera 84 cantigas de comezos do século XX

O VOLUME INCLúE TAMéN IMAXES SOBRE O OFICIO DA OLARíA NO LUGAR

O Cancioneiro de Buño recupera 84 cantigas de comezos do século XX

FOLK | agosto 10, 2022

imaxe non dispoñible

Edicións Embora publica, co apoio do Concello de Malpica e da Real Academia Galega o Cancioneiro de Buño. Este volume recupera 84 coplas de tradición oral, recollidas en 1910 a Dolores Cancela Pérez, daquela de 17 anos. Este material supón a máis antiga recollida de música popular no concello de Malpica e saíron orixinalmente publicadas orixinalmente no Boletín da Academia Galega.

O volume complétase cunha selección de fotografías das persoas que continúan a practicar o oficio da olaría en Buño, así como das tendas de olaría e do proceso de elaboración dunha chocolateira.