Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Unha ampla delegación galega visitará o Festival Intercéltico de Lorient

CAAMAñO&AMEIXEIRAS, FIANDOLA, CRNDS OU FRANSY GONZáLEZ FAN PARTE DA REPRESENTACIóN

Unha ampla delegación galega visitará o Festival Intercéltico de Lorient

FOLK | agosto 1, 2022

imaxe non dispoñible

O Festival Intercéltico de Lorient, na Bretaña, recupera a normalidade e contará neste 2022 cunha ampla delegación da música e do baile tradicional do noso país. No marco dos 120 espectáculos que se programan na 51 edición do evento estarán presentes Caamaño&Ameixeiras,
Fiandola e mais a colaboración de crnds e Fransy González, artista que tamén participará no espectáculo orixinal Celtic Odyssée. O festival celébrase entre os días 5 e 14 de agosto.

Canda a estes, a compañía de danza de Fran Sieira participará no encontro co espectáculo “Coreografías dun DeMente, mentres que o grupo de baile Donaire e a banda de gaitas de Ortigueira participarán no espectáculo Horizons Celtiques e amosarán o seu talento en diferentes espazos da cidade. A estes nomes súmanse artistas da gaita que actuarán no certame MacCrimmon e as intervencións que se realizarán no festival vencelladas ao vestiario tradicional dos países celtas.