Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / As Xornadas arredor da Música Tradicional celebran dez anos

O ENCONTRO ORGANIZADO POLA ASOCIACIóN DE GAITEIROS GALEGOS TERá LUGAR ESTE SáBADO EN VIASCóN

As Xornadas arredor da Música Tradicional celebran dez anos

FOLK | setembro 27, 2022

imaxe non dispoñible

As Xornadas arredor da Música Tradicional, organizadas pola Asociación de Gaiteiros Galegos (AGG) chega á súa décima edición. O encontro anual para afondar nas raíces musicais do país terá lugar nesta ocasión na Casa da Gaita, de Viascón (Pontevedra), durante toda a xornada do vindeiro sábado 1 de outubro. O programa, aberto a calquera persoa interesada, inclúe a posta en común de catro traballos de investigación vencellados á música tradicional e cinco presentacións de novas publicacións.

Un relatorio de Xulia Feixoo co tema "Concha do Canizo. O Pandeiro Cadrado na Terra das Frieiras" abrirá o encontro. Ao longo do día falatrase tamén de bailes tradicionais como o de Damas e ghaláns, de Nerga ou a danza de espadas de Marín. A música medieval no camiño de Santiago será obxecto dunha presentación a cargo de Jose Manuel Salgado Mosquera, Francisco Singul, Mariña Arbor Aldea e Francisco Luengo. Beatriz Busto abordará nun relatorio o caso da visibilidade acadada para a tradición oral polas pandereteiras de Mens e Riedrich Bramsteidl, Paz Prieto, Juan Carlos Quintana e Daniel do Pando farán de xeito conxunto un relatorio sobre o Proxecto Avareira.