Ti estás aquí > Inicio / Xéneros / Rock
Música Rock
Ulrica canta desde a Periferia
Xénero:
| 17 / 3 / 2014Catro temas, dous dos cales foron gravado ao vivo no estudio nunha única toma. Esta é a aposta que presenta Ulrica en Periferia traballo longo que acaban de publicar. O grupo coruñés afonda no seu rock experimental con temas longos cargados de referencias á actualidade, a integrar voces como a do filósofo Gilles Deleuze ou declaracións de Obama e Mariano Rajoy nos temas. O volume, gravado nos estudios Abrigueiro a cargo de Arturo Vaquero, marca o paso ao castelán do grupo logo do seu debut no EP Ulrica. Rock con tintes experimentais e toques de denuncia preséntase cun son traballado e unha voz máis rasgada no que no EP de debut da banda.
Mauna Loa, a consolidación de Guerrera
Xénero:
| 12 / 3 / 2014Formado por antigos compoñentes de Ictus, Holywater, Cuzo, Cró! ou Disappointment, Guerrera saíu á luz cun primeiro álbum autoditado en 2013. Agora a discográfica compostelá Matapadre incorpora o grupo ao seu catálogo con Mauna Loa, o seu segundo traballo. Gravado nos estudios coruñeses Montealto, o volume, editado en vinilo, achega un único tema de máis de 45 minutos dividido nas caras Montaña y Fuego e mais Magma y trueno, no que se mesturan "stoner, psicodelia, blues e rock clásico", segundo resume a discográfica. A Iguana en Vigo acollerá a presentación do álbum o vindeiro 4 de abril, e a xira continuará pola Casa Tomada da Coruña o día 5 para seguir por Madrid e Euskadi.
Novedades Carminha gozan dunha Juventud infinita co seu novo traballo
Xénero:
| 4 / 3 / 2014Tres anos despois do seu exitoso disco Jódete y baila a irreverente banda punk compostelá Novedades Carminha presenta o seu novo álbum de estudio da man de Ernie Records. Juventud infinita ofrece dez temas mais un “extra”, a maioría cantados en castelán a excepción dun tema en galego Non quito o chandal e outro en francés Et moi, et moi, et moi , orixinal do cantautor Jacques Dutronc. Segundo a súa discográfica con este disco Novedades Carminha evolucionan “cara terreos musciais onde a contundencia do garaxe de factura lo-fi dáse a man co pop máis pegadizo, con tintes de psicodelia e punk a partes iguais”. O disco foi gravado e producido por Ángel Kaplan en Xixón e a m,aterización correou a cargo do estudio londiniense de Noel Summerville. Durante este ano a banda percorrerá os escenarios para presentar este traballo tan agardado dada a sona que acadaron desde o anterior álbum e o recoñecemento por parte da prensa especializada e da crítica grazas aos seus contundentes directos. Cos temas deste disco avanzan a súa intención de chegar tamén ás “pistas de baile”.
Cazador aposta polo deseño para o seu primeiro lanzamento
Xénero:
| 12 / 2 / 2014O grupo Cazador, formado con antigos membros de Yoplay e Noise Project, presenta o seu primeiro EP. Cazador achega tres temas cun orixinal envoltorio, xa que se remite nun paquete cun coidado deseño no que se inclúe un lapis USB cos temas, un vídeo e a capa do traballo acompañados dun cartucho de caza. O grupo presenta un son que remite ao rock psicodélico dos anos setenta con toques escuros. O EP, que se gravou o pasado outono e que pode escoitarse en Bandcamp, está á venda por oito euros e comeza a súa distribución este mes.
Terbutalina vai A muerte no seu sexto disco
Xénero:
| 10 / 2 / 2014A muerte é o título do novo disco de Terbutalina, o que supón o sexto título da súa carreira. O grupo lanzará o vindeiro 13 de febreiro o novo traballo, dez temas que, aseguran, "supoñen unha evolución na liña creativa da Terbutalina e dan forma á rabia, ao entusiasmo e á decepción". Máis peso para a composición e as melodías sen abandonar o espírito punk propio do grupo son as principais características do traballo. Gravado nos estudios A Ponte de Tomás Ageitos, a presentación oficial do traballo realizarase o vindeiro 7 de marzo cun concerto na compostelá sala Capitol.
Mapple Apple chega con Relief
Xénero:
| 28 / 1 / 2014Coas etiquetas de rock experimental e sinfónico, o grupo coruñés Mapple Apple acaba de lanzar ao mercado Relief o seu primeiro LP. O volume achega un total de dez temas nos que as guitarras eléctricas se combinan con teclados crean atmósferas envolventes coa voz melódica de Lucía S. Calvo, que tamén é a compositora do grupo. O álbum, dispoñible en bandcamp e en tendas dixitais preséntase ao vivo o vindeiro 7 de febrero no Pato Negro da Coruña.
O Live for Madness celebrará a súa cuarta edición en marzo
Xénero:
| 23 / 1 / 2014O vindeiro 15 de marzo a cidade de Ourense acollerá o IV Live for Madness Metal Fest, que achega de novo unha paltaforma para sons máis potentes. Os grupos galegos Neverside, Primitive e Mutant Squad compartirán escenario cos andaluces Anvil of Doom e os madrileños Hummano. Por segundo ano consecutivo, os organizadores do evento asinaron un convenio co Banco de Alimentos de Ourense polo cal esta entidade recibirá un 10% da recadación das primeiras 250 entradas e metade de todas as demais que se vendan. Ademais, haberá un espazo para recollida de alimentos destinados ao banco e as primeiras cen persoas que doen un quilo serán convidadas a unha cervexa.
Paracetamol olla o punk no seu Enfermedades comunes
Xénero:
| 2 / 1 / 2014A mediados do pasado mes de decembro viu a luz Enfermedades comunes, o primeiro disco de Paracetamol. Este trío de punk-rock afincado a Vigo chega cunha fórmula na que o punk-rock se atopa co pop nunha liña que, con grandes toques de humor, recupera esencias de grupos como Siniestro Total ou Aerolineas Federales. Roque Cameselle, Coque Varela e Cristina Pena gravaron este seu primeiro proxecto en Oceano Estudios e mais no estudio Casero de Iván Ferreiro. O volume, editado por Rumble Records está dispoñible tamén en liña. A presentación oficial e estrea do grupo ao vivo será o vindeiro 4 de xaneiro en La Iguana Club de Vigo.
Los Suaves conmemoran a súa Xira dos Mil Concertos cun álbum de luxo
Xénero:
| 22 / 11 / 2013Un documental, un DVD de actuacións en directo, un CD e un libro con relatos, fotografías e outros contidos extras compoñen o último lanzamento de Los Suaves. Gira de los mil conciertos recolle unha selección dos recitais da última tourné da veterana banda, na que recuperaron temas dos seus discos dos anos 80 e 90. O documental Viaje al Fin de la Noche recolle actuacións do recital Los Suaves - La Reunión no que participaron antigos compoñentes da banda ou do concierto que deron en ourense baixo o pseudónimo Los Ásperos. Madrid, esta mesma noite, Aranda del Duero mañá e Logroño o día 29 son as vindeiras paradas da banda.
O grupo UN denuncia a situación social en Estado de shock
Xénero:
| 13 / 11 / 2013UN é o proxecto dun músico anónimo que se sumou en 2011 a outros cinco, asimesmo descoñecidos. Agora, a iniciativa presenta Estado de shock, un CD no que recollen dez temas nos que denuncian diferentes aspectos do sistema capitalista e da crise financeira que estamos a vivir. Temas como Evasión, o seu primeiro single, Banqueiro indultado ou Flechazo na cola do paro amosan a liña do grupo, que centra as súas composicións na denuncia social e nas relacións persoais. O disco, autoeditado, xa está á venda, e os responsables do proxecto anuncian vindeiras actuacións ao vivo nas que se coñecerá a identidade dos seus compoñentes.
novidades discográficas
Xabral
Ruxe Ruxe
O círculo das formigas
Os John Deeres
Malkeda
Malkeda
XX
Dakidarría
Rematou o simulacro
Loita Amada
REPORTAXE
Campamento Compostela
Data.Os Concertos do Novo do Milenio atraeron a Compostela milleiros de afeccionados à música