Ti estás aquí > Inicio / Xéneros / Rock
Música Rock
Ruxe Ruxe publican o novo disco 'Xabral'
Xénero:
| 5 / 2 / 2025'Pub rock' é o tema que abre o novo álbum dos veteranos Ruxe Ruxe e tamén é o nome da xira de presentación do disco, que xa arrincou e ten varias datas por diante. 'Xabral' (Luneda, 2025) é o décimo cuarto disco da banda de Aríns. Trece temas de rock&roll con sabor a clásicos todo eles e que de seguro ofrecen a oportundiade de facer uns directos contundentes. Desta volta, de novo, producidos, e gravados, polo produtor vasco Kaki Arkarazo (Negu Gorriak, Kortatu) nos estudios Garate (Gipuzkoa-Euskadi) coidando extremadamente cada canción nunha aposta polo son máis orgánico, auténtico e rockeiro da da banda.
Terbutalina anuncia unha pausa indefinida na súa carreira
Xénero:
| 23 / 1 / 2025O grupo Terbutalina despídese dos escenarios logo de quince anos de actividade. A banda de Esteiro anunciaba este 22 de xaneiro nas súas redes sociais unha parada de duración indefinida na súa actividade.
Os John Deeres volven cun disco conceptual
Xénero:
| 30 / 12 / 2024Dous temas, divididos en catro partes cada un , un total de oito cortes musicais que conforman o novo disco dos estradenses Os John Deeres- O primeiro disco longo en sete anos e o cuarto do seu percorrido. 'O círculo das formigas', que así se titula este novo álbum do quinteto, supón unha notable evolución en canto aos conceptos e aos sons que manexaba a banda nos seus anteriores traballos. Preséntase como un disco conceptual, case como dous discos, xa que o álbum divídese en dúas partes, Pulso e Inercia, con catro movementos cada una, que incluso de poderían escoitar como dous traballos distintos, aseguran desde a banda.
Malkeda reiníciase cun disco homónimo
Xénero:
| 31 / 5 / 2024A banda de Metal pontevedresa Malkeda ten desde hoxe xa un cuarto traballo discográfico longo dispoñible coa publicación do seu disco homónimo "Malkeda" (Thornado Music), xa dispoñible nas plataformas dixitais. Se ben o feito de usar o propio nome para titular un disco adóitase facer nun primeiro ou segundo álbum e resulta pouco habitual xa na cuarta entrega dun percorrido discográfico que comezou fai 17 anos en 2007, os oito anos que separan este traballo do anterior "Cumulonimbo" (Maldito records, 2016) semella que formaron parte desta necesidade de reafirmar a identidade sonora do grupo e marcar un momento de reinicio. Cargados dun son duro, sen concesións, moi hardcore, a banda ofrece neste traballo nove temas novos, escuros nas letras, potentes na presencia e contundentes na sonoridade. O disco de Malkeda contén neste feixe temas unha reivindicación dun son con reminiscencias das grandes bandas de hardcore dos 90, un resultado no que seguro que ten moito que ver o traballo do produtor, Iago Lorenzo nos Estudios Planta Sónica de Vigo, capaz de destacar esa cualidade das composicións que as pode elevar a memorables. Para a canción "Sin futuro" o grupo contou tamén coa colaboración de Ra Díaz, baixista dos californianos Korn. En novembro do pasado ano presentaron en redes "Que asco das", que sería o primeiro dos catro avances deste álbum que hoxe mesmo sae para goce dos seguidores dos pontevedreses e do público do rock máis duro.
Triángulo de Amor Bizarro celebra vinte anos nunha xira cun repertorio decidido ao azar
Xénero:
| 5 / 4 / 2024A coñecida banda Triángulo de Amor Bizarro está de actualidade por dous motivos: celebra este ano o vinte aniversario desde a súa formación e un dos integrantes do grupo, o teclista e guitarra Zippo, deixa o proxecto por iniciativa propia tras trece anos. Lamentando a súa saída o grupo segue adiante cos seus plans e xa como trío, formación que xa tiveron nalgún momento da súa traxectoria, veñen de presentar a xira de concertos coa que celebraran a súa efeméride, uns eventos que terán algo moi especial xa que o repertorio a interpretar en cada concerto de entre a súa discografía dependerá do azar.
Costas e Soto recuperan o repertorio de Siniestro Total para os directos
Xénero:
| 19 / 3 / 2024A piques de cumprir dous anos do que foi o derradeiro concerto de Siniestro Total, celebrado no Wizink Center de Madrid o repertorio dos 40 anos de actividade da banda xa ten continuidade sobre os escenarios e ademais con autenticidade absoluta. Será o vindeiro 30 de abril cando debute en directo a formación Hey Hematoma, unha banda que vai máis alá do tributo, xa que son algúns dos membros fundadores de Siniestro Total os que a conforman. En concreto son Javier Soto e Miguel Costas os que abandeiran este proxecto musical sobre o repertorio da banda. Os dous formaron parte do grupo inicial, se ben Costas deixouna en 1994, pero Soto seguiu ata o final nela. Acompáñalles nesta aventura Andrés Cunha, o que foi o último batería que pasou por Siniestro desde 2018, xunta eles completan a formación Alberto Cunha e Chus Dasilva. O legado da banda que foi recoñecida cunha Medalla Castelao en 2023 terá lexítima continuidade así, canda menos sobre os escenarios.
Dakidarría presentan o directo da súa conmemoración de vinte anos
Xénero:
| 12 / 3 / 2024Os Dakidarría colléronlle gusto a gravar os seus directos conmemorativos. Se fai agora 8 anos a banda presentaba o disco en directo en formato CD-DVD 'De cuncas e de mar' (2016), co que celebraban os seus 13 anos de traxectoria agora o motivo foi a celebración o pasado ano do seu vinte aniversario que celebraron sobre os escenarios en cun concerto conmemorativo o 9 de setembro no marco do festival Revenidas en Vilaxoán de Arousa. Daquela noite sae agora "XX"( El Garaje Producciones), a gravación do directo onde inmortalizan aquela noite na que contaron coa colaboración de máis de 50 artistas, nun percorrido sonoro de vinta cancións e máis de dúas horas a través dos vinte anos de vida deste grupo do Val Miñor, referente na defensa da cultura popular e contestataria. Entre as colaboradoras deste traballo destacan figuras como Xurxo Souto, Tanxugueiras, Boikot, La Raíz, Mondra, ou High Paw.
Factoría de Subsistencia presenta 'Respirando...Sempre!'
Xénero:
| 3 / 1 / 2024Co ano aínda por estrear a banda Factoría de Subsistencia dá comezo sacando o que é o seu terceiro disco longo "Respirando...Sempre!". Nove temas novos presentan a formación encabezada polo actor Josito Porto e Sabela Dacal, xunto aos que nesta ocasión estarán Rafa Otero ao baixo e Adrián Ríos na batería. O disco chega 5 anos despois do seu anterior traballo "Amores Fratricidas" (2019). En clave de rock and roll, Factoría de Subsistencia ofrece neste terceiro disco letras cargadas de humor negro, reflexión filosófica e crítica social. Aí están eses temas que xa foron presentándose quincenalmente como 'Non quero ser feliz' ou 'Esperta'. Todos eles poden escoitarse xa en YouTube e a banda presentará en concerto o novo disco na Casa das Crechas de Santiago de Compostela o vindeiro 13 de xaneiro. Tamén está prevista unha actuación o día 20 de xaneiro no espazo do Estudo Aldeaglobal de Vilagarcía onde ser realizou a gravación do disco.
Zënzar celebra no escenario "35 anos bourando"
Xénero:
| 22 / 12 / 2023A banda cercedense Zënzar celebra este sábado os seus 35 anos ininterrompidos facendo rock en galego. "35 anos bourando", din, desde o seu debut o 23 de decembro de 1988 no disco-pub Non Sei de A Silva. A formación soprara as candeas deste aniversario tamén nun escenario, o da Sala Capitol de Santiago que entón non existía. E para tal ocasión, estarán rodeados de case unha ducia de amizades que estarán presentes en varios temas, desde os clásicos ata os máis novos.
Nova cita festivaleira en Lugo co Valadouro Rock
Xénero:
| 21 / 12 / 2023Á lista nada pequena de festivais musicais de Galicia ven de unirse un novo nome: o Valadouro Rock. A Mariña lucense, onde ten lugar un dos festivais máis coñecido de Galicia e do Estado, o Resurrection fest de Viveiro, engade unha nova cita a poucos quilómetros dalí e tamén en clave de rock duro. A primeira edición deste Valadouro Rock terá lugar o 22 de xuño en Ferreira do Valadouro e ofrece unha experiencia de rock de todos os tipos a base de bandas de todo o Estado. Das nove bandas que ofrecerá o seu caertel hoxe mesmo veñen de desvelar as tres primeiras confirmacións. Un dos nomes máis coñecidos é o dos valencianos Gigatrón, unha formación que leva 25 anos percorrendo o país coa súa peculiar proposta paródica. Tamén hai sitio para o rock máis local coa confirmación de Materia Muerta, unha banda de hardcore Ribadeo cun disco publicado e outro a piques de saír. Completa a lista de primeiros nomes do cartel o grupo asturiano de heavy, SKÜLD. Aínda faltan outros seis nomes para completar o cartel desta primeira edición que sacou hox á venda as primeiras entradas.
novidades discográficas
Xabral
Ruxe Ruxe
O círculo das formigas
Os John Deeres
Malkeda
Malkeda
XX
Dakidarría
Rematou o simulacro
Loita Amada
REPORTAXE
![Imaxe da reportaxe: Os Concertos do Novo do Milenio atraeron a Compostela milleiros de afeccionados à música](../imaxes/edicion/tem_4785.jpg)
Campamento Compostela
Data.Os Concertos do Novo do Milenio atraeron a Compostela milleiros de afeccionados à música