Ti estás aquí > Inicio / Xéneros / Rock
Música Rock
Véndese banda de rock
Xénero:
| 24 / 6 / 2010Un concerto acústico a cambio de cedés. Esta é a orixinal iniciativa que se lle ocorreu a Scandal, un grupo coruñés pop–rock que pretende dar a coñecer o seu último traballo Time for heroes. E para conseguir ese concerto só hai que poxar na rede desde hoxe e ata o vindeiro 23 de agosto.
O concello de Ourense dará a súa medalla de ouro a Los Suaves
Xénero:
| 11 / 6 / 2010A relación entre a banda de rock Los Suaves e a cidade de Ourense escribe un novo capítulo. Los Suaves anunciaron que gravarán o concerto do seu novo traballo, 29 anos, 9 meses e 1 día, que dará en Expourense, Finca Sevilla, o 18 de setembro. E o concello corresponderá concedéndolles a medalla de Ouro. É a máxima distinción que outorga o Concello e que, segundo a concelleira de Cultura, Isabel Pérez, “será o recoñecemento explícito de tódolos ourensáns e o pago dunha débeda que a cidade ten con eles». A banda naceu nesta cidade a principios dos anos oitenta da man dos irmáns Domínguez (Yosi, Charly e Javier).
Reúnense na Sala Nasa os integrantes de Radio Océano vinte anos despois
Xénero:
| 22 / 4 / 2010Compañeiros de xeneración de Os resentidos e Siniestro Total , grupo punk que se autodefinían como “antihippies” e “antifolquis”. Son Radio Océano e hoxe suben aos escenarios vinte e cinco anos despois. O encontro terá lugar na Sala Nasa esta noite, nun acto que estarán artistas como Marcos “Galegoz” Payno, Leo i Arremecaghoná, Martiño “The Homens” Wu, Marcos “Rastreros”, Fran “Papaqueixo” Amil, Xosé Bocixa “Zënzar”, Xurxo Souto, Antón Reixa, Julián Hernández, Miguel Costas, Uxía Senlle ou Antón Losada. Despois, o grupo formado por Xosé Manuel Pereiro (daquela Johny Rotring) e Santiago Romero interpretarán algunhas das súas cancións mais sonadas (Como o vento, Esto no es Hawai, Aplazamiento, La Chica de Bens...). O concello da Coruña tamén estará a preparar a súa homenaxe cunha cunha exposicion sobre a publicación alternativa na que colaboraban, La Naval, máis un disco compilatorio cos seus maiores éxitos.
Kathaarsys sube á furgalla
Xénero: AUDIO
| 24 / 3 / 2010 +Son un exemplo deses grupos que son máis coñecidos fóra do que na casa. Kathaarsys inicia este mes de marzo unha xira europea de presentación do seu novo disco Intuition que ten xa fechados preto de 50 bolos e que está aínda a ampliar as súas citas. Ademais, por vez primeira, os membros do grupo van achegar as súas impresións sobre este periplo mediante un blog en culturagalega.org. Desde a estrada escura permitiranos coñecer a experiencia única destes músicos galegos no continente.
Ruxe Ruxe presenta con Buratos o seu sétimo disco
Xénero:
| 16 / 3 / 2010Sete discos despois, Ruxe Ruxe continúa ao pé do canón. Esta veterana formación acaba de presentar Na fura de diante, un álbum que, segundo os membros do grupo, quere achegarse ao son do grupo en directo. O disco gravouse nos estudios Océano da man do produtor Javier Abreu e a masterización levouse a cabo en California. Como primeiro lanzamento, Buratos, un tema sobre a memoria histórica que conta cun video a cargo de Jairo Iglesias. O seu bo facer valeulle a esta produción unha candidatura aos premios Mestre Mateo. Vituco, vocalista de Ruxe Ruxe, fálanos do disco, do video e mais da evolución do grupo.
Multa de 2,4 millóns para empresa que organizou o concerto de Bruce Springsteen
Xénero:
| 5 / 1 / 2010O Instituto Galego de Consumo acordou imporlle unha sanción de 2,4 millóns de euros a Big Tours SL, empresa organizadora do concerto que ofertou Bruce Springsteen no Monte do Gozo o pasado mes de agosto. O Concello de Santiago denunciara a organización polos problemas de acceso, aforo e seguridade que se deran durante o recital. A acción de consumo supón a apertura dun procedemento administrativo que pode marcar un fito no xeito de organizar este tipo de eventos e nos dereitos dos asistentes.
Metalicia pon na rede o seu segundo recompilatorio
Xénero:
| 25 / 8 / 2009Metalicia, a comunidade virtual galega dos amantes do Metal, acaba de subir á rede o segundo volume do seu recompilatorio. O disco, descargable totalmente de balde, achega traballos de 26 grupos rexistrados no web, dos cales só cinco repiten do primeiro volume, publicado en setembro de 2008. Os interesados en contar cunha copia física poden adquirir un Mini-CD con todos os temas de MP3 por só un euro nos diferentes locais especializados neste tipo de música.
novidades discográficas
Xabral
Ruxe Ruxe
O círculo das formigas
Os John Deeres
Malkeda
Malkeda
XX
Dakidarría
Rematou o simulacro
Loita Amada
REPORTAXE
![Imaxe da reportaxe: Os Concertos do Novo do Milenio atraeron a Compostela milleiros de afeccionados à música](../imaxes/edicion/tem_4785.jpg)
Campamento Compostela
Data.Os Concertos do Novo do Milenio atraeron a Compostela milleiros de afeccionados à música