Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Loita Amada saca 'Rematou o simulacro'

A BANDA DE JáSPER PáSASE A UN ROCK CONTUNDENTE NO SEU SEGUNDO DISCO

Loita Amada saca 'Rematou o simulacro'

ROCK | xaneiro 4, 2024

cd-loita-amada-rematou-o-simulacro.jpg

Loita Amada, o proxecto musical do ex- NAO Jásper, comeza o ano presentando disco. 'Rematou o simulacro' (Loita Amada Records, 2023) é título deste traballo da banda estradense, que desde un rock contundente enlázase coa canción protesta galega. A Loita Amada a conforman, ademais do devandito e veterano Jásper, Amós Varela; María Prado; Xiana Naval; Iván Bernárdez e Iván Barreiro. Unha nova formación para esta etapa máis roqueira da banda, despois do seu primeiro traballo "Viva a Loita Amada revolucionaria" (Xonix Records, 2022) máis ecléctico en estilos. A pandereteira Nébeda Piñeiro mantense vencellada ao grupo a través da súa participación no deseño artístico do álbum. O novo traballo foi gravado en Garate Estudios da man do produtor vasco Kaki Arakarazo. Nove temas completan este disco, oito deles composición do propio Jásper e un de orixe popular. Os dous temas adiantados a través de sendos videoclips foron "Unha revolución" e "Cadáver sen cabeza". Os estradenses contan tamén para un dos seus temas , "Benditos nós" , coa colaboración de Olaia Maneiro, unha das Tanxugueiras. O disco xa está dispoñible nas plataforma dixitais.



datos do disco
Ligazóns