Ti estás aquí > Inicio / / Reúnense na Sala Nasa os integrantes de Radio Océano vinte anos despois
Reúnense na Sala Nasa os integrantes de Radio Océano vinte anos despois
abril 22, 2010
Compañeiros de xeneración de Os resentidos e Siniestro Total , grupo punk que se autodefinían como “antihippies” e “antifolquis”. Son Radio Océano e hoxe suben aos escenarios vinte e cinco anos despois. O encontro terá lugar na Sala Nasa esta noite, nun acto que estarán artistas como Marcos “Galegoz” Payno, Leo i Arremecaghoná, Martiño “The Homens” Wu, Marcos “Rastreros”, Fran “Papaqueixo” Amil, Xosé Bocixa “Zënzar”, Xurxo Souto, Antón Reixa, Julián Hernández, Miguel Costas, Uxía Senlle ou Antón Losada. Despois, o grupo formado por Xosé Manuel Pereiro (daquela Johny Rotring) e Santiago Romero interpretarán algunhas das súas cancións mais sonadas (Como o vento, Esto no es Hawai, Aplazamiento, La Chica de Bens...). O concello da Coruña tamén estará a preparar a súa homenaxe cunha cunha exposicion sobre a publicación alternativa na que colaboraban, La Naval, máis un disco compilatorio cos seus maiores éxitos.
Tamén che pode interesar:
- 11/ 1/ 2013 | Esquíos presenta un disco ao vivo
- 11/ 3/ 2011 | A formación Deseqilibrio Mental presenta o seu primeiro disco de estudio
- 29/ 6/ 2007 | Sumrrá gravará tres noites de directo na Sala NASA para o seu vindeiro disco
- 8/ 1/ 2002 | A Nasa bota a andar hoxe un proxecto musical para todos os mércores aberto a todos os músicos
- 4/ 12/ 2000 | A Sala Nasa pecha o ano organizando o Festival Rock Cabo Sam Lourenzo