Ti estás aquí > Inicio / Xéneros / Rock
Música Rock
Ataque Escampe presenta Violentos anos dez o seu novo disco
Xénero: AUDIO
| 4 / 5 / 2011 +Logo de apostar polo "decrecemento", o grupo Ataque Escampe presenta Violentos anos dez,o seu cuarto disco. Cunha aposta polos ritmos da música negra do sur do Estados Unidos, como o soul ou toques country, a banda achega letras menos sarcásticas do que en anteriores traballos. O disco, gravado no estudios Abrigueiro de Lugo, está autoeditado e achega dez temas, que se poden descargar de balde no web aregueifa.net baixo licenza Copyleft. Neste mesmo mes porase a venda a vesión física do disco, que achega as letras e mais un tema "freestyle". No seu blog, o grupo explica polo miúdo cada unha das cancións que inclúen neste traballo.
Unha exposición lembrará o vencello de Lois Pereiro con Monforte
Xénero:
| 30 / 3 / 2011O vindeiro venres a Casa da Cultura de Monforte inaugura Camiño do futuro libremente, unha exposición de paneis que lembra a rleación de Lois Pereiro coa cidade do Cabe. Fotografías de álbums familiares, textos do autor e un lugar onde os visitantes poden deixar post-its con mensaxes fan parte da iniciativa. Pola súa banda, a compostelá Sala Nasa programa para a noite de mañá unha noite de homenaxe a este autor. A banda Onda Martenot, composta por membros de diferentes conxuntos, interpretará temas que lle gustaban a Pereiro, acompañados de Manu Clavijo e de Das Capital. Será a partir das 21.30 horas.
Luís Tosar grava con Di Elas o seu primeiro disco
Xénero: VIDEO
| 29 / 3 / 2011 +Logo de varios anos de actuacións ao vivo, Di Elas, o grupo liderado por Luís Tosar e Piti Sanz, lanzan o seu primeiro disco. Co mesmo nome do grupo, o CD, producido por Warner, está integramente en castelán agás un tema cantado en galego. O grupo interpreta neste lanzamento temas propios compostos por Tosar e Sanz nos que canda aos propios do rock destaca o emprego da guitarra acústica. O vídeo do primeiro single, Volver está xa dispoñible na rede.
Siniestro total renuncia a optar á Mellor Canción en Galego nos Premios da Música
Xénero:
| 2 / 3 / 2011A candidatura de Siniestro Total á Mellor Canción en Galego nos vindeiros Premios da Música acaba de ser retirada polo propio grupo. Nun comunicado no que agradecen os votos recibidos nese sentido, o grupo vigués solicita ser descartado da categoría e reclama que non se vote o seu tema. Segundo comunican, esta categoría dos premios debería recoñecer a grupos e solistas que empregan de xeito habitual a nosa lingua na súa carreira.
Ourense acollerá o Derrame Rock
Xénero:
| 12 / 1 / 2011Por vez primeira, o festival Derrame Rock vaise celebrar fora de Asturias. O contorno do recinto de Expourense, na Cidade das Burgas, acollerá entre os vindeiros 23 e 25 de xullo as actuacións da XVI edición deste evento. Segundo os organizadores, entre 50 e sesenta grupos de rock e heavy visitarán a cidade durante o festival, e agárdase unha asistencia aproximada de 20.000 persoas.
29 años, 9 meses y 1 día de Los Suaves xa está nas tendas
Xénero: AUDIO
| 22 / 11 / 2010 +O pasado 18 de setembro Los Suaves subíronse ao escenario na súa cidade natal, Ourense, e deron un excepcional concerto ante milleiros do seus incondicionais celebrando a súa longa traxectoria. A gravación dese directo sae agora ás tendas en forma de duplo CD + DVD baixo o título de 29 años, 9 meses y 1 día (Santo Grial Producciones). Os CD inclúen 27 cancións do concerto máis un tema extra, a canción inédita gravada para a ocasión e titulada como o disco: 29 años, 9 meses y 1 día. O DVD contén as mesmas cancións que os CDs máis Siempre igual, o documental, fototeca e a versión multiángulo de Frío como una llave. A banda de rock ourensá dará proximamente dous concertos de presentación, en Xixón e Vigo os días 11 e 18 de decembro respectivamente.
Unha reedición recupera o traballo do grupo coruñés Eskizos
Xénero: VIDEO
| 13 / 10 / 2010 +A discográfica Mushroom Pillow presentará o vindeiro 16 de outubro na FNAC da Coruña Eskizos. 1989-1993. O CD recompila o material que este conxunto publicara nos dous EPs Los Eskizos (1991) e Turn off the light (1993) canda a material inédito e temas ao vivo, sumando un total de 11 cortes. A presentación contará coa presenza de Pedro Granell e Luís Garrido, antigos membros da xa desaparecida banda. O CD porase a venda o vindeiro 19 deste mesmo mes.
A banda coruñesa NOC xa ten á venda o seu primeiro disco
Xénero:
| 16 / 9 / 2010Tras cinco anos de actividade musical a banda de rock NOC presenta o seu primeiro disco de longa duración, negroscurocasiclaro (autoeditado), dous anos despois dun anterior EP. Foron dous anos de intenso traballo e evolución musical na que o trío formado por Aléxis López, Oscar fernández e Julián Rodríguez amosa un cambio respecto ao son “duro” dos seus inicios en 2005, con voces guturais, distorsións profundas e graves vibrantes máis achegados ao heavy. Sen deixar de lado o rock guitarrero negroscurocasiclaro dá paso a un son máis orgánico, dando cabida a un maior peso das melodías e aos retrousos. Gravado entre xullo e setembro de 2009 en Son do Tagalem, nun man a man co produtor Alber castro, negroscurocasiclaro contén 11 cortes. O disco xa está a venda na tenda Rockbox da Coruña e na plataforma Toupa.net. Proximamente estará tamén en FNAC, El Corte Ingles, Itunes, Spotify.
Siniestro Total presenta o seu novo traballo Country & Western
Xénero:
| 14 / 9 / 2010Desde hoxe mesmo xa está nas tendas o novo disco de Siniestro Total Country&Western. Trátase do décimo oitavo LP da banda desde os seus inicios fai case trinta anos como referente do punk rock en Galicia. O disco foi gravado en Houston baixo a produción de Joe Hardy, que ten traballado con grupos como ZZ Top. Country & Western ofrece en 15 temas un paseo por este xénero musical estadounidense e inclúe un tema en galego, Quen me dera na casiña. En declaracións á axencia EFE os membros da banda aseguraron que está era o disco no que máis teñen falado de Galicia nas súas letras. O álbum sairá tamén en vinilo e o primeiro concerto de presentación terá lugar o 1 de outubro en Getafe (Madrid) no Macrofestival en Vivo.
A fin da estrada
Xénero:
| 11 / 8 / 2010Foron case cen concertos por toda Europa, o dobre dos previstos inicialmente nunha xira que se prolongou desde marzo. Con moitos máis quilómetros ás costas, os membros de Kathaarsys chegaba á casa a pasada semana. Logo duns días de descanso, cóntannos como foi un periplo que xa nos foron adiantando no noso blog Desde a estrada escura.
novidades discográficas
Xabral
Ruxe Ruxe
O círculo das formigas
Os John Deeres
Malkeda
Malkeda
XX
Dakidarría
Rematou o simulacro
Loita Amada
REPORTAXE
Campamento Compostela
Data.Os Concertos do Novo do Milenio atraeron a Compostela milleiros de afeccionados à música