Ti estás aquí > Inicio / Xéneros / Rock
Música Rock
Isi Vaamonde Band lanza o seu primeiro disco
Xénero:
| 7 / 2 / 2012Engadindo un Band ao seu nome, o músico cambadés afincado en Madrid Isi Vaamonde presenta o seu primeiro disco, Live in heartland. A obra gravouse nos estudios Abrigueiro de Guimarei coa banda a tocar ao vivo e foi autoproducido polo galego. Na liña dos seus anteriores EPs, Vaamonde mantén a súa aposta polo folk-rock americano con letras en inglés, e achega 12 temas habituais do seu repertorio, mesturando composicións orixinais con dúas versións de David Bowie (Heroes) e mais Inmaculate Fools (Wish you were here). Canda a Vaamonde, participan no proxecto Jesús Parra, Edu Pulpillo, Gonzalo Peñalosa, Jaime Caro e Volker Ledwig. A obra, autoeditada, está á venda por dez euros.
Volven os Heredeiros da Crus
Xénero:
| 19 / 1 / 2012O grupo de rock Heredeiros da Crus anunciou o seu regreso á escena musical, despois da súa retirada dos escenarios en 2005. Será o día 3 de marzo na discoteca LP45, en Ordes, e conmemorará os 20 anos de nacemento da banda en Castiñeiras (Ribeira). Os Heredeiros foron un importante grupo de rock dos anos 90 famoso pola súa participación no Xabarín Club e polo seu estilo: temas provocadores cantados na variante dialectal das Rías Baixas. O concerto será o principio dunha xira, durará máis de dúas horas e "con sección de metais, coros e piano incluído".
Skacha anuncia un parón indefinido
Xénero:
| 20 / 12 / 2011Logo de vinte anos de traballo no punk-rock galego, o grupo Skacha disólvese. O seu web recollía o pasado día 17 o anuncio da banda dun "parón indefinido" que os membros achacan "ás circunstancias da vida". Malia a que non desbotan a posibilidade de se reunir de xeito puntual o grupo como tal non continuará a súa actividade, logo "dunha decisión moi meditada e nada doada". Os compoñentes de Skacha animan os seus seguidores a continuar apoiando outros proxectos nos que participan.
O concerto dos vinte anos
Xénero:
| 19 / 12 / 2011O local A Taberna, de Cerceda acollía o pasado sábado 16 a presentación do DVD Zënzar ao vivo. O grupo presenta nesta produción o concerto que dera nesta mesma localidade en 2009, a coincidir co seu vinte aniversario e contando con numerosas colaboracións. Ademais da actuación en Cerceda, que contou coa presenza de Xurxo Souto, María Xosé Silvar “Ses” ou Javier Pardeiro “O reverendo”, entre moitos outros, a banda ofrece outro recital con convidados no Badulake de Ordes o vindeiro 23 de decembro. Nestas presentacións está a venda unha edición limitada do DVD autoeditado, que chega ás tendas o vindeiro mes de xaneiro.
Kathaarsys saca o seu novo traballo gravado en directo na Sala Capitol
Xénero: VIDEO
| 19 / 10 / 2011 +O grupo compostelán de metal escuro progresivo Kathaarsys ven de sacar á rúa un novo traballo The Concept baseado na gravación do seu concerto na Sala Capitol de Santiago o 9 de outubro de 2010 dentro da xira “Intuition Tour”. The Concept preséntase nun formato de libro con CD e DVD da actuación en directo e está editado pola súa propia discográfica e produtora Silent Tree.
Históricos produtores de rock darán un curso para profesionais en San Simón
Xénero:
| 6 / 10 / 2011A illa de San Simón acollerá do 19 ao 21 de outubro un curso de produción musical que baixo o título ”Históricos do rock” reunirá a tres relevantes produtores de nivel internacional como mestres que teñen traballado -entre outros- con grupos como AC/DC, Bob Marley, The Who, Steve Winwood, Jimi Hendrix, Joe Cocker, Leonard Cohen, The Pixies ou Foo Fighters. Así, Tony Platt explicará, por exemplo, o proceso de gravación e produción de discos tan emblemáticos como Highway to hell, de AC/DC; Phill Brown falará das súas experiencias de traballo con Led Zeppelin; e Gil Norton da dinámica emprendida no mesmo ámbito con Foo Fighters. Ata trinta profesionais da produción musical de Galicia poderán asistir como alumnos a este curso organizado pola Axencia Galega das Industrias Culturais e a empresa viguesa Dotbeat, a pre-inscrición está aberta ata o vindeiro luns 10 de outubro.
Moon Cresta gaña o segundo concurso Querostar
Xénero:
| 3 / 10 / 2011O premio do segundo certame de música en vivo Querostar, que organiza a sala The Star de Carral foi para os vigueses Moon Cresta. O grupo de funk-rock levou os 1.000 euros de premio, seguido por Neverside, tamén de Vigo, que se fixeron con 500 euros. Moondog Blues Party quedou terceiro e levou 300 euros mentres que os coruñeses NOC levaron o cuarto premio, unha hora de gravación nos estudios da Radio Galega. Os concertos comezaron a partir das once da noite do pasado sábado e puideron seguirse de xeito simultáneo na rede. O certame contou coa participación dun total de 135 grupos, dos que se elixiron os finalistas mediante os votos de internautas e mais do público da sala.
Terbutalina lanza Broncodilatador, o seu segundo disco
Xénero: AUDIO
| 8 / 9 / 2011 +Unha dose de vinte minutos de gastropunk, esta é a proposta que fai o grupo Terbutalina co seu novo LP Broncodilatador. Con temas como Helipuerto, Cartos, R.A.J.O.Y. ou Cheiras ao bravo, o grupo afonda na liña que abriran con Live en Catoira, o seu primeiro disco. O álbum está dispoñible de balde nas plataformas Bandcamp, O Toxo rabudo e Komunikando, e presentarase publicamente cun concerto na Sala Moon de Compostela o vindeiro 15 de setembro. Na cita estarán tamén presentes Desequilibrio Mental e Familia Caamagno.
Miguel Costas bota a ollada atrás no seu novo disco
Xénero:
| 25 / 5 / 2011Temas clásicos da autoría de Miguel Costas, con formacións como Los Feliz ou Siniestro Total cantados a dúo con músicos como Def con Dos, Rosendo, David Summers, Marea, Bimba Bosé ou Areolíneas Federales. Está é a proposta de Costas is back, que recupera 15 cancións como Bailaré sobre tu tumba, No me beses en los labios, Asumpta ou Tipi dulce tipi, que o músico revisa dándolle un son máis homoxéneo. O disco, editado por Warner Music, coincide coa reunión do músico con Aerolíneas Federales que o levou este mesmo mes a dar varios concertos en Sudamérica.
Desaparece o festival compostelán Rock en Costa
Xénero:
| 16 / 5 / 2011Os organizadores do Festival Rock en Costa, que celebra este ano a súa X Edición, adiantaron que non haberá novas entregas do evento logo. Segundo explicou Martín Wu, un dos coordinadores desde a Asociación Xurásica, "sentimos que se esgotou un ciclo e necesitamos descansar un pouco". Aínda que recoñecen recortes orzamentarios no proxecto, os responsables non culpan a crise da fin do proxecto. A derradeira edición do evento celebrarase na rúa do Castiñeiriño de Compostela o vindeiro 11 de xuño coa presenza de Samesugas, Royalties, L'Uomo di Goma, The Homens e Redullos.
novidades discográficas
Xabral
Ruxe Ruxe
O círculo das formigas
Os John Deeres
Malkeda
Malkeda
XX
Dakidarría
Rematou o simulacro
Loita Amada
REPORTAXE
Campamento Compostela
Data.Os Concertos do Novo do Milenio atraeron a Compostela milleiros de afeccionados à música