Ti estás aquí > Inicio / Xéneros / Rock
Música Rock
Blows presenta Ejército de fantasmas
Xénero:
| 1 / 6 / 2012Tiran o "The" do seu nome e pasan a usar o castelán nas letras en troques do inglés como ata agora. Blows publican, logo de máis de dous anos de agarda, Ejército de fantasmas, o seu novo proxecto discográfico. Os doce temas, autoeditados, ven a luz nunha curiosa fórmula que inclúe a edición de 6 singles e 2 EP's co conxunto dos temas, que están a ver a luz desde mediados do pasado mes de maio a un ritmo de tres ou catro semanas cada un. A obra estará dispoñible na rede e sairá tamén nunha edición física ultralimitada.
Fillos Resentidos
Xénero:
| 10 / 5 / 2012Conseguiron, en plenos anos oitenta, que un tema en galego chegase ao número un das listas de éxitos estatais. Expresións presentes nas súas cancións integráronse na fala popular. Anovaron no pop-rock feito na nosa lingua. Agora, trinta anos despois do seu nacemento, unha masiva homenaxe amosa a importancia da pegada que Os Resentidos deixaron na nosa cultura. Analizamos a súa influencia.
Zënzar presenta Vaise armar
Xénero:
| 8 / 5 / 2012A sala Josfer de Ordes acollía o pasado sábado a presentación de Vaise armar, o sexto traballo de Zënzar. O disco autoeditado supón, segundo o grupo, un traballo maduro musicalmente e aberto a ritmos que se foron incorporando ao seu repertorio. Rock con letras combativas que teñen en moitos casos na crise económica e nos recortes sociais o seu eixe. Loli Nogueira colabora co grupo no tema Contigo e sen ti, e queda espazo para que a banda bote a vista á súa traxectoria en Todo vai ben. O MySpace do grupo achega unha selección dos temas para a súa escoita en liña.
Funk'n Bastards estréanse con Brainstorming
Xénero:
| 4 / 5 / 2012Logo dunha extensa traxectoria nos escenarios, o grupo pontevedrés Funk'n Bastards presenta o seu primeiro disco. Brainstorming presenta unha serie de temas nos que, sobre unha base de funk cantada en inglés vanse engadindo elementos de rock, blues ou bossanova entre outras correntes. Logo da presentación do álbum, autoeditado, o pasado 27 de abril na Fábrica de Chocolate (Vigo) o grupo prevé continuar coas presentacións do proxecto. Está dispoñible xa na rede unha mostra do traballo, así como a primeira maqueta do conxunto, que se pode descargar de xeito íntegro.
Unha xira continuará o reencontro dos Resentidos
Xénero:
| 17 / 4 / 2012O concerto de homenaxe que reunirá Os Resentidos en Ourense o vindeiro doce de maio non será o único da banda este ano. Cando se fan 30 anos do nacemento do grupo, os seus membros realizarán unha xira que os levará por diferentes escenarios de Galicia e de España, segundo anunciou onte o líder da banda, Antón Reixa, en Madrid. Aínda sen confirmar as datas e lugares dos recitais, o cantante adiantou que a xira está previsto que se realice entre os meses de agosto e outubro deste ano.
Kathaarsys presenta Rara Vez
Xénero:
| 16 / 4 / 2012Rara Vez é o título do sexto álbum de Kathaarsys que está xa dispoñible. Cinco temas que totalizan 40 minutos nos que o grupo emprega o galego nas letras e introduce por vez primeira o piano. Seguindo co espírito de experimentación que iniciaran en anteriores obras, Kathaarsys achégase a estilos como flamenco, o folk ou a música de cámara sen abandonar o seu particular estilo con influencias do metal. É precisamente no circuíto metaleiro onde se vai desenvolver a xira de presentación do disco, que xa comezou e que os levará a escenarios tan afastados como Finlandia, Letonia ou Alemaña e para a que xa teñen máis de 25 datas.
Ruxe-Ruxe volve con forza renovada en Máis cancións sobre toxos, cardos e silveiras
Xénero:
| 15 / 3 / 2012Desde o compostelán barrio de Aríns sae o oitavo traballo discográfico dos Ruxe-Ruxe, a través do seu propio selo Lobicán Records poñen na rúa Máis cancións sobre toxos, cardos e silveiras. Dezasete cancións compoñen este traballo da banda gravado en Nigrán nas instalacións de Oceano Estudio co produtor Javier Abreu como xa fixeran no anterior traballo Na fura de diante(Lobicán records,2010). Como é habitual no grupo foron quen de congregar valiosas colaboracións para o seu disco como Xavier Díaz (Berrogüetto), Dios ke Te Krew, Roi Maceda (Quempallou), Bocixa (Zenzar) e Esteban (Skacha).
Confírmase a celebración do Festival do Norte e parte do cartel de actuacións
Xénero:
| 5 / 3 / 2012Los Enemigos, Fangoria, Love of Lesbian e Nancys Rubias estarán no cartel da undécima edición do festival do Norte que se vai celebrar en Vilagarcia os días 27 e 28 de abril. Esta será a primeira actuación de Los Enemigos na súa volta aos escenarios e a organización segue a traballar para incorporar nomes aos carteis dos dous días. A viabilidade dunha nova edición do Festival do Norte estaba en dúbida ante os recortes orzamentarios previsibles este ano nas achegas das administracións públicas local e autonómica ademais de nos patrocinios. O mes pasado sóubose que o Concello de Vilagarcía decidira recortar a súa achega económica pasando dos 60 mil euros da edición de 2011 a 24 mil euros para este ano o que puxo en cuestión a posibilidade de contar con grandes bandas internacionais. As entradas venderanse a un prezo de 30 euros o abono, 5 euros menos que na edición anterior. En 2011 13.339 persoas pasaron polo Festival do Norte, que ademais de concertos inclúe outras actividades paralelas.
Aerolíneas Federales recupera as súas gravacións “perdidas”
Xénero:
| 21 / 2 / 2012Hasta El Final Y Más Allá... [Demos 1983-1993] é o título do disco co que o grupo vigués Aerolíneas Federales volve tras 21 anos aos catálogos de novidades discográficas da man do selo Elefant Records.
Machina lanza Ensaio sobre o silencio
Xénero:
| 20 / 2 / 2012A finais de 2011 entraban no estudio, e o pasado venres presentaban en Compostela a primeira audición pública. Machina lanza o seu segundo LP, Ensaio sobre o silencio, no que achegan trece temas cheos de forza no que mesturan os ritmos do rock e o metal alternativos, co hardcore. O volume, gravado nas instalacións de Javier Abreu coa produción de Pablo Iglesias, conta coas colaboracións de O Leo i Arremecaghona, Juan Prego, Diego Carreira, César Ríos e Nacho Goris. A estrea oficial do disco será o vindeiro 17 de marzo nun concerto en Cerceda.
novidades discográficas
Xabral
Ruxe Ruxe
O círculo das formigas
Os John Deeres
Malkeda
Malkeda
XX
Dakidarría
Rematou o simulacro
Loita Amada
REPORTAXE
Campamento Compostela
Data.Os Concertos do Novo do Milenio atraeron a Compostela milleiros de afeccionados à música