Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Machina lanza Ensaio sobre o silencio

O GRUPO PRESENTA O QUE CONSIDERA O SEU DISCO MáIS COMPROMETIDO

Machina lanza Ensaio sobre o silencio

ROCK | febreiro 20, 2012

capa_ensaio sobre o silencio.jpg

A finais de 2011 entraban no estudio, e o pasado venres presentaban en Compostela a primeira audición pública. Machina lanza o seu segundo LP, Ensaio sobre o silencio, no que achegan trece temas cheos de forza no que mesturan os ritmos do rock e o metal alternativos, co hardcore. O volume, gravado nas instalacións de Javier Abreu coa produción de Pablo Iglesias, conta coas colaboracións de O Leo
i Arremecaghona, Juan Prego, Diego Carreira, César Ríos e Nacho Goris. A estrea oficial do disco será o vindeiro 17 de marzo nun concerto en Cerceda.

A banda sinala que este é o seu traballo "máis comprometido política e socialmente" e considera que con estes temas "acadan a madureza da banda ao realizar un traballo moito máis produtivo". Ensaio sobre o silencio, autoeditado ve a luz nunha dupla tiraxe. Por unha banda, un lanzamento limitado de 250 exemplares que só estará dispoñible para os que llo soliciten ao grupo por correo electrónico. Pola outra unha edición convencional que chegará en pouco tempo ás tendas.

MULTIMEDIA
Apandar, adianto de Ensaio sobre o silencio de Machina
datos do disco
Ligazóns