Aerolíneas Federales recupera as súas gravacións “perdidas”
febreiro 21, 2012
Hasta El Final Y Más Allá... [Demos 1983-1993] é o título do disco co que o grupo vigués Aerolíneas Federales volve tras 21 anos aos catálogos de novidades discográficas da man do selo Elefant Records.
A banda, que tivo o seu apoxeo musical na “movida” dos anos 80, volveu reunirse o pasado 2011 para unha xira por Perú tras 15 anos desde a súa separación grazas a insistencia dun seguidor local do grupo co, esta reunión serviu para impulsar a edición deste disco que contén algunhas das primeiras gravacións da banda, así como unha maqueta con oito cancións que debían formar parte do seu sexto disco e que nunca chegaron a ver a luz. Os seguidores da banda atoparán nestas gravacións un son máis próximo ao punk de principios da década dos 80. Temas coñecidos como “Soy Una Punk”, “No Sé Ligar” o “No Me Beses En Los Labios” poden escoitarse nun un formato diferente ao que finalmente foi publicado. Hasta El Final Y Más Allá... [Demos 1983-1993] sae en vinilo rosa como duplo LP 10” nunha edición Limitada de 500 Copias] e en CD Digipak tamén en edición Limitada de 1.000 Copias, inclúe póster despregable. Tamén está dispoñible en Spotify, iTunes e plataformas dixitais. Aerolíneas presentará o disco cun único concerto en Madrid o 14 de abril .